Pel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A pel ou cute é o órgano de revestimento externo do corpo, o maior órgano do corpo humano, responsable da protección do organismo contra o medio externo.
Índice |
[editar] Anatomía
O nome anatómico internacional é cute. A pel é un dos maiores órganos, constituíndo o 15% do peso corporal. Cobre case todo o corpo a excepción dos orificios xenitais e alimenticios, ollos e superficies mucosas xenitais.
[editar] Histoloxía
A pel ten tres capas: a epiderme, a derme e o tecido adiposo subcutáneo (tecnicamente externo á pel mais relacionado funcionalmente). Hai ademais varios órganos anexos, como folículos pilosos, glándulas sudoríparas e sebáceas e uñas; ademais, noutros animais, atópanse plumas, escamas, cascos e cornos.
A pel é practicamente idéntica en todos os grupos étnicos humanos. Nos individuos de pel escura, os melanocitos producen máis melanina que naqueles de pel clara, mais o seu número é semellante.
[editar] Epiderme
A epiderme é unha capa con profundidade diferente conforme a rexión do corpo. As palmas das máns e pés teñen unha capa máis grosa, ata 2mm de espesura.
A epiderme é constituida por un epitelio estratificado pavimentoso (células escamosas en varias capas). A célula principal é o queratinocito (ou ceratinocito) que produz a queratina. Existen tamén niños de melanocitos (produtores de melanina, un pigmento castaño que absorbe os raios UV); e células inmunitarias, principalmente células de Langerhans, xigantes e con prolongamentos membranares.
A epiderme presenta varias capas. A orixe da multiplicación celular é a capa basal. Todas as outras son constituidas con células cada vez máis diferenciadas que co crecimento basal van ficando cada vez máis periféricas, acabando por descamar e cair (unha orixe importante do pó que se acumula nos locais onde viven persoas ou animais).
- Extracto basal, é o máis profundo, en contacto con derme, constituido por células cúbicas pouco diferenciadas que se dividen continuamente dando orixe a todas as outras capas. Contén moito pouca queratina. Algunhas destas células diferencianse e pasan para as capas máis superficiais, encanto outras permanecen na capa basal e continuan a dividirse.
- Extracto espiñoso: células cúbicas ou achatadas con máis queratina que as basais. Comezan a formar unións celulares unhas coas outras, como desmosomas e unions estreitass (de ahí o aspecto de espiños).
- Extracto granuloso: células achatadas, con gránulos de queratina prominentes e outros como substancia extracelular e outras proteínas (colaxenos).
- Extracto lúcido: células achatadas hialinas eosinófilas debido a gránulos moi numerosos proteicos. Estas células liberan encimas que as dixeren. A maior parte xa está morta (sen núcleo).
- Extracto córneo: constituido por células achatadas eosinófilas sen núcleo (mortas) con grande cantidade de filamentos, principalmente queratinas.
A unión entre a epiderme e a derme ten forma de papilas, que dan maior superficie de contacto coa derme e maior resistencia ao rozamento.
[editar] Órgaos Anexos da Epiderme
- Folículo piloso: produce unha estrutura maciza queratinizada, o pelo, que é producido por células especializadas na súa raiz, constituindo o bulbo piloso. Teñen músculo liso erector e terminacións nervosas sensitivas asociadas. Os folicúlos pilosos dos bigodes dalguns animais como o gato están altamente especializados como órgaos dos sentidos.
- Glándula sudorípara: son glándulas tubulosas enoveladas non ramificadas, que producen un líquido acoso diluido que contén sais e detritos orgánicos. A súa principal función é a regulación da temperatura, mais tamén ten funcións excretoras pouco significativas (resquicios de animais nosos antepasados que non posuían rins). Hai glandulas sudoríparas especializadas (apócrinas) nalgunhas rexións como nas axilas e nas rexións xenitais, que producen suor que colle cheiro despois de metabolizalo as bacterias da pel. É posible que esas glándulas secreten no ser humnao hormonas con funcións de sinalización sexual, como en algúns animais, mais aínda non foi probado.
- Glándula sebácea: son glándulas ramificadas que forman ácinos, que secretan substancias lípidicas dentro dos tubos dos foliculos pilosos ou directamente na pel. Non existen nas palmas das máns e pés. Teñen funcións de protección contra deshidratación e no control da flora bacteriana da pel e do seu pH.
- Uñas, pelos, cornos, cascos, escamas e plumas: son estructuras especializadas compostas enteiramente de queratina, producidas como protección por varios tipos de animais.
[editar] Derme
A derme é un tecido conxuntivo de sustentación da epiderme. É constituido por fibrillas de colaxenio e elastina con numerosos fibrocitos que fabrican estas proteínas e sustentan o tecido.
Ten dúas capas, a capa papilar de contacto coa epiderme a capa reticular máis densa. É na derme onde se localizan os vasos sanguíneos e linfáticos que vascularizan a epiderme así como os nervos e os órgaos sensoriais asociados a eles. Estes incluen varios tipos de sensores:
- Corpúsculo de Vater-Pacini, sensibeis á presión.
- Corpúsculo de Meisner con función de detección de presións de frecuencia diferente.
- Corpúsculo de Krause
- Órgao de Ruffini
- Célula de Merckel
- Folículo piloso con terminacións nervosas asociadas.
- Terminación nervosa libre, con dendrites libres sensibles á [[dor e temperatura.
[editar] Hipoderme (subcutis)
Técnicamente xa non é parte da pel. Está constituido por tecido adiposo que protexe contra do frío.
[editar] Fisioloxía (función)
A pel é un órgao moito máis complexo do que aparenta. A súa función principal é a protección do organismo das ameazas externas. sen embargo ten tamén funcións inmunitarias, é o principal órgao da regulación da calor, protexendo contra a deshidratación. Teñen tamén funcións nerviosas, constituindo o sentido do tacto e metabólicas, como a producción da vitamina D.
[editar] Protección Física
A epiderme secreta proteínas e lípidos (a principal, é a queratina]]) que protexen contra a invasión por parasitas e as feridas mecánicas e o rozamento. Contra esta tamén é fundamental o tecido conxuntivo da derme, na cal os fibrocito]]s depositan proteínas fibrilares con propriedades de resistencia á tracción e elasticidade, como os colaxenos e a elastina. A melanina producida polos seus melanocitos protexe contra a radiación, principalmente UV.
[editar] Protección da desidratación
Unha das funcións vitais da pel é a protección contra a deshidratación. Os seres humanos son animais terrestres, e necesitan protexer os seus corpos, principalmente compostos de auga, contra a evaporación excesiva e a deshidratación e o subsequente choque hipovolémico e morte, que serían inevitables nun meio seco e quente. É común que as víctimas de queimaduras graves morran de choque hipovolémico (sangue con pouco volume debido á perda de auga) se perden extensamente superficie cutánea. A pel protexe da desidratación por dous mecanismos. As unións celulares como unións estreitas e desmosomas dan cohesión ás células da epiderme e a súa superficie continua de membrana lipídica impede a saída de auga (que non se mestura con lípidos).
[editar] Regulación da temperatura corporal
A pel tamén é o principal órgao de regulación da temperatura corporal a través de diversos mecanismos:
- Os vasos sanguíneos subcutáneos contraense co frío e dilatanse coa calor, para minimizar ou maximizar as perdas de calor.
- Os folicúlos pilosos teñen músculos que producen a súa erección co frío (pel de galiña), aprisionando bollas de ar estático xunto á pel que retarda os trocos de calor -un mecanismo máis eficaz nos nosos antepasados máis peludos.
- As glándulas sudoríparas secretan líquido acuoso cuxa evaporación diminúe a temperatura superficial do corpo.
- A presenza de tecido adiposo (graxa) subcutáneo protexe do frío, xa que a graxa é mal conductor do calor.
[editar] Encanto órgao inmunitario
A pel é un órgao importante do sistema inmunitario: alberga diversos tipos de leucocitos; hai linfocitos que regulan a resposta inmunitaria e desenvolven respostas especificas; células presentadoras de antixeno (histiocitos ou células de Langerhans) que recollen moléculas estrañas (posibeis invasores) que levan para os ganglios linfáticos onde as presentan aos linfocitos CD4+; mastocitos envoltos en reaccións alérxicas e loita contra parasitos.
[editar] Funcións metabólicas
As funcións matabólicas da pel son moi importantes. Nela fabrícase, nunha reacción dependente da luz solar, a vitamina D, unha vitamina esencial para o metabolismo do calcio e polo tanto na formación/manutención saudabel dos ósos.
[editar] Encanto órgao dos sentidos
Finalmente a pel tamén é un órgao sensorial, constituindo o sentido do tacto. Ela presenta numerosas terminacións nervosas, algunhas libres, outras con comunicación con órgaos sensoriais especializados, como células de Merckel, folicúlos pilosos. A pel teñen capacidade de detectar sinais que crian as percepcións da temperatura, movimento, presión e dor. É un órgao importante na función sexual.
[editar] O ciclo celular da pel
A pel normal produce preto de 1250 células por día por cm² e esas células proveñen de 27000 células; a pel do doente de psoriase produce 35000 novas células por día por cm² e esas células proveñen de 52000 células. A duración normal do ciclo celular da pel é de 311 horas, que se reduce a 36 h. na pel psoriática.
[editar] Embrioloxía
A epiderme ten orixe na maior parte da ectoderme, mentres a derme e o tecido adiposo subcutáneo teñen orixe mesodérmica.
[editar] Patoloxía
A pel é un importante órgao na clínica de varias doenzas ou condicións benignas que a afectan principalmente ou primariamente a outros órgaos.
- Acantose nigricans -forma de hiperplasia do epitelio da pel.
- Acne -inflamación dos foliculos pilosos debido a infección pola bacteria Propionibacterium acnes.
- Carbúnculo -doenza infecciosa causada polo Bacillus anthracis con manifestacións cutáneas importantes.
- Dermatite seborreica -doenza inflamatoria da pel con etioloxía autoinmune.
- Efélis ou sarda é unha pigmentación fotorreactiva da pel sen importancia.
- Ictiose -doenza xenética con formación de pseudoescamas na pel.
- Impetigo -infección da pel con formación de pústulas por Staphylococcus aureus ou Streptococcus.
- Lentigo -pigmentación da pel semellante á efelis mais que non aparece e desaparece coas estacións do ano.
- Melanoma maligno - tumor dos melanocitos da pel.
- Melasma -escurecimento da pel debido a hormonas femininas que ocorre sobre todo no embarazo.
- Molusco contaxioso -pápula debido a infección polo virús do molusco contaxioso.
- Pelagra -dermatite debido a deficiencia vitaminica.
- Psoriase -doenza autoinmune da pel.
- [[Rosácea (doenza)]]
- Penfigo -doenza con formación de bollas de causa auto-inmune. Pode ser fatal.
- Queimadura
- Tiña -infección cutánea con fungos. A máis importante é o pé de atleta.
- Tumores da pel -outras neoplasias comuns da pel, como nevos (pontos negros -benigno) e carcinomas epidermoides ou basaloides.
- Urticaria, Eccema e Eritema multiforme -reaccións alérxicas da pel.
- Verruga -lesión neoplascia benigna causada por infección con papilomavirus.
- Vitiligo -doenza autoinmune da pel con zonas esbranquizadas.