Partido Galego Social Demócrata
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partido Galego Social Democráta (PGSD) foi un partido nacionalista galego.
Fundouse co nome de Unión Social-Demócrata Galega en marzo de 1974, dirixido por Xosé Luís Fontela e Alfonso Zulueta de Haz. Tan só tivo algunha implantación nas cidades, formou parte do Consello de Forzas Políticas Galega (1976), abandonándoo xunto coa UPG en 1977 por discrepancias sobre a aceptación de forzas estatais.
Concorreu en coalición co Partido Popular Galego nas eleccións xerais de 1977, os malos resultados 23.014 votos (2'04%) propiciaron a formación dun novo partido, formado polo PGSD e o PPG, co nome de Partido Galeguista e a desaparición do PGSD