Partido Popular Galego
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para a organización galega do Partido Popular, ver Partido Popular de Galicia.
O Partido Popular Galego (PPG) foi un partido galeguista de centro dos anos da transición.
Fundouse en xullo de 1976 ao se unir a Unión Democrática de Galicia, liderada por Xaime Illa Couto, e Esquerda Democrática Galega, liderada por Fernando García Agudín e vencellada á Izquierda Democrática de Joaquín Ruiz Jiménez.
Participou nas actividades do Equipo Democráta Critiano del Estado Español, aínda que non se integrou nel. Nas eleccións xerais de 1977 foi en coalición co Partido Galego Social Demócrata. Desapareceu en 1979 debido ás tensións internas entre os dous grupos que constituíran o partido. Parte dos seus militantes incorporáronse ao Partido Galeguista ou á UCD.
O Partido Popular Galego foi un partido de cadros que tan só tiña 117 afiliados en 1977. Gonzalo Rey Lama foi o seu secretario executivo entre 1977 e 1979.