Partido Popular
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Partido Popular | |
Partido político | Partido Popular |
Ano fundación | 1976 (Alianza Popular) 1989 (Partido Popular) |
Ideoloxía | Centro-dereita, conservadora, liberal, demócrata cristiana |
Ideoloxía respecto a Europa | Europeísta |
Membro de | PPE, Internacional Demócrata de Centro, Unión Internacional Demócrata |
Ámbito | España |
Sede central | Génova, 13. 28004 Madrid |
Líder | Mariano Rajoy |
Afiliados | 707.000 |
Web do partido | www.pp.es |
O Partido Popular é un dos principais partidos políticos de España.
O Partido Popular naceu da refundación de Alianza Popular en 1989.
En 1979 o presidente de Alianza Popular, Manuel Fraga obtén uns discretos resultados nas eleccións (10 escanos). Tralo descalabro da UCD en 1981, Alianza Popular fusionaríase con algúns partidos daquela coalición (Partido Liberal, entre outros), para presentarse ás eleccións de 1982 co nome de Coalición Popular. Ese ano pasa a ser o principal partido da oposición con 107 escanos. En 1986 Manuel Fraga dimite como líder do partido e é substituído por Antonio Hernández Mancha.
Este cambio na cúpula non mellora as cousas para o partido, perdendo as eleccións de 1986 ante a revalidación da maioría absoluta do PSOE. En 1989 convócase un novo congreso no cal se perfila o partido dun xeito máis liberal ca conservador. Francisco Álvarez Cascos é nomeado secretario xeral do partido. José María Aznar (presidente de Castela e León) é proposto por Fraga candidato das eleccións xerais. O partido pásase a chamar Partido Popular.
En 1996 o Partido Popular gaña por primeira vez as eleccións. Javier Arenas Bocanegra substitúe a Álvarez Cascos na dirección do partido. O partido abandona a Internacional conservadora e adscríbese á Internacional demócrata cristiá. En 2000 o Partido Popular obtén a maioría absoluta. No 2003 Mariano Rajoy é elixido por Aznar como sucesor. Nas eleccións do 2004 o PP verase superado por unha ampla marxe polo PSOE. Ángel Acebes pasa a ser secretario xeral do partido, que mantén a maioría no Senado.
[editar] Ver tamén
- Partido Popular de Galicia, organización galega do PP.