Paula Vázquez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Paula Vázquez é unha actriz e presentadora de televisión. Naceu en Ferrol en 1974.
Nos anos 80 trasládase coa súa familia a Barcelona, onde comeza a súa carreira profesional como modelo e azafata
A súa primeira aparición televisiva é como azafata no popular programa Un, dos, Tres. A partir dese comezo en TVE chegaron programas como La vuelta de la fama, No te olvides el cepillo de dientes, La noche de los magníficos, El Rastrillo, Inocente, Inocente ou o exitoso Luar da TVG.
Tras esta primeira etapa na televisión, incorpórase á serie Canguros, na que filma cuarenta capítulos. Interviu en dúas películas: Huele bien e Últimas vacaciones.
O currículum da ferrolana complétase coa presentación de espacios como El juego del euromillón ou Gran hermano 3, así como a retransmisión das badaladas de Fin de Ano en Telecinco entre outros.
En 2005, tras conducir La isla de los famosos e copresentar dende o Amazonas La selva de los famosos, guía o programa Aventura en África, todos eles de Antena 3.
En 2006 probou sorte con ¿Cantas o qué? un formato que non tivo éxito agardado e foi retirado moi pouco despois da súa estrea. Recentemente fichou por TVE, onde copresentou unha gala de conmemoración dos 50 anos do ente público.
Índice |
[editar] Televisión
[editar] Como azafata
[editar] Como presentadora
- No te olvides el cepillo de dientes (1995) (Antena 3).
- El rastrillo (1995) (Antena 3).
- Gala Que no decaiga la fiesta (1996) (Antena 3).
- Gala TP de Oro(1996)(Antena 3).
- Sonrisas de España (1996)(Antena 3).
- La parodia nacional (1996)(Antena 3).
- Mira quien viene esta noche (1997)(Antena 3).
- Inocente, inocente (1997) (Telecinco)
- Gala de la Hispanidad 1998 (1998) (Telecinco).
- Fort Boyard (2001) (Telecinco).
- El juego del Euromillón (1998-2001) (Telecinco).
- Gran Hermano (2002) (Telecinco).
- Mira tú por donde (2002) (Antena 3).
- El gran Test (2002) (Antena 3).
- Xti (2003) (Antena 3).
- La isla de los famosos (2003-2005).
- ¿Cantas o qué? (2003) (Antena 3).