Telecinco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Telecinco é unha cadea de televisión xeneralista de carácter estatal, creada en 1990 tras a Lei de Televisión Privada posta en marcha polo goberno de Felipe González.
[editar] Orixes
En 1989, o goberno de Felipe González liberaliza a televisión española, concedendo tres licenzas de televisión. Esas novas cadeas son, a parte de Telecinco, Antena 3 e Canal+ que lle permite emitir en codificado.
[editar] O Grupo Telecinco
En 2004 o Grupo Telecinco sae a cotizar en bolsa, e queda formdo polas seguintes empresas:
- Mediaset Investimenti (50,13%)
- Vocento (13%)
- Outros accionistas (36,87%)
O Grupo Telecinco tamén controla outras empresas:
- Atlas (axencia de noticias)
- SALTA (produtora de programas de televisión)
- Grupo Editorial Telecinco
- UNE (rede de televisións locais)
- Publiespaña (xestión de publicidade)
- Publimedia Gestión
- Europortal Jumpy España