Philip Noel-Baker
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Philip John Noel-Baker (1 de novembro, 1889 – 8 de outubro, 1982) foi un político, diplomático e atleta afeccionado, recibiu o Premio Nobel da Paz en 1959.
De familia cuáquera educouse en Inglaterra e nos Estados Unidos. Participou nos Xogos Olímpicos de 1912, 1920 e 1924, levando unha medalla de prata en 1500 metros nos Xogos Olímpicos de Amberes. Durante a Primeira Guerra Mundial organizou a Friends' Ambulance Unit da fronte francesa e estivo no servizo de ambulancias da fronte italiana. Despois da guerra participou na formación da Liga de Nacións como axudante de Robert Cecil, foi profesor de dereito internacional na Universidade de Londres (1924-1929). Politicamente adscrito ó Partido Laborista competiu sen éxito na circunscrición de Coventry para o Parlamento en 1924, si accedeu nas eleccións de 1929, perdeu nas eleccións de 1931 e de novo voltou ó parlamento en 1936 por Derby, cando a circunscrición se dividiu en 1950 el pasou á de Derby sur e seguiu no parlamento ata 1970. En 1977 foi promovido a barón Noel-Baker. Foi presidente do Partido Laborista en 1946, secretario de Estado do Aire (1946-1947) e secretario de Estado para as relacións coa Commonwealth (1947-1950)