Pierre Curie
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pierre Curie (ParÃs, Francia, 15 de maio de 1859 - ParÃs, Francia, 19 de abril de 1906) foi un fÃsico francés, pioneiro no estudo da radiactividade. Casado con Marie Curie, foi pai da tamén cientÃfica Eve Curie.
Obtivo o premio Nobel de FÃsica coa súa muller Marie Curie, outra famosa fÃsica, en 1903 en recoñecemento dos extraordinarios servizos prestados en conxunto nas súas investigacións sobre a radiación descuberta polo profesor Henri Becquerel.
Descubriu a piezoelectricidade en 1880, estudou o magnetismo, e enunciou en 1894 o principio universal de simetrÃa: As simetrÃas presentes nas causas dun fenómeno fÃsico tamén se atopan nas súas consecuencias.
Morreu a raÃz dun accidente en 1906, ao ser esmagada a súa cabeza polas rodas dun carro. Iso evitou seguramente a morte por efectos da radiación que agardou á súa muller posteriormente.