Pintor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Pintores Galegos
- Acuña López, Xosé María (1903-1991)
- Premio Nacional de Escultura 1976, xordomudo de nacemento, discípulo de Asorey, foi profesor de debuxo, modelado e talla, e colaborou coa cerámica celta de Pontecesures e coa artesanía compostelá de César Ouro, destacou polo seu quefacer na escultura.
- Casanova
- González Collado, José María (1926)
- Ferrolán. Destaca o seu labor coa acuarela.
- Carlos Maside García
- Maside naceu en 1897 en Pontecesures. Destaca o seu labor como pintor e gravador.
- A súa obra, como se pode observar no cadro das lavandeiras ten unha fonda raizame galega que debido ao percorrido vital deste artista se conxugou co cubismo, realismo máxico e expresionismo, polo que rematou sendo unha importante referenza para as vangardas pictóricas galegas.
- Germán Taibo González (1889-1919)
- Coruñés. De grande talento, a súa morte prematura en París, por mor da Gripe Española, puxo fin á posibilidade dunha pintura galega con personalidade, xusto nun momento no que o artista podería comezar un diálogo fértil con Picasso e as avangardas históricas. A súa obra, aínda que escasa é senlleira. Pódese ver no Museo de Belas Artes da Coruña.
- Urbano Lugrís (1908-1973)
- Ricardo Segura Torrella (1926-2000)
- Ferrolán. Discípulo de Felipe Bello Piñeiro.
- Felipe Bello Piñeiro (1886-1952)
- Ferrolán. Paisaxista.
- Francisco Lloréns
- Julia Minguillón
- Fernando Álvarez de Sotomayor (1875-1960)
- Máximo Ramos
Acuña: O polbo na feira |
- Pérez Álvarez
- Reimundo Patiño Mancebo (A Coruña, 1936 - 1985)
- Sevillano
- Urbino
- Vilasó