Pombal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O pombal, en xeral, é un raro complemento da vivenda rural, xa que por mor do seu custe e escaseza de rendibilidade, só aparece nas fincas pertencentes ós pazos, ás rectorais ou ás casas grandes de campesiños acomodados. É unha construcción que pode adopatar diversos xeitos: na meirande parte dos casos é un corpo cilindrico con radio de preto ós dous metros e altura aproximadamente igual ó seu diámetro. A súa cuberta pode ser cónica ou chan a xeito de ferradura e inclinada a unha auga. Soe estar construído con mampostería vista ou revocada, con varia entradas para as pombas, unha cornisa para que estas alcen o voo e unha porta de acceso para as persoas. No sei interior dispoñen-se os niños formando parte do paramento do muro de pedra.