Porta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha porta é xeralmente entendida como unha abertura nun elemento de vedación arquitectónica, como unha parede, permitindo a pasaxe de persoas dun ambiente para outro.
Índice |
[editar] Configuración
As portas poden ser construídas de materiais diversos, aínda que a madeira (especialmente a compensada) sexa o material máis popular. Outros materiais inclúen o aluminio, o aceiro, o ferro e o PVC.
A porta (na súa visión máis tradicional) fórmase polos seguintes elementos:
- Folla. Normalmente unha chapa (de madeira ou metal) responsable da vedación da parede cando a porta está "pechada". Acostuma a ser confundida coa porta propiamente dita.
- Batente. Son os perfís rectangulares (de madeira, metal, ou outro material) que está preso xunto á abertura na parede e permite a fixación da folla.
- Guarnición. Un elemento responsable por esconder a xunta entre a parede de albanelería e a madeira do batente.
[editar] Tipos de portas
De acordo co seu deseño, as portas poden clasificarse como segue:
- Porta dunha folla.
- Porta de correr.
- Portón
- Portela
[editar] As portas nunha fortificación
Elemento crítico na defensa dunha fortificación, demandaba coidados especiais dos seus arquitectos en tódalas épocas. De maneira xenérica, un castelo, forte ou fortaleza presentaba dúas portas nos seus muros: o portón principal, de maiores dimensións, e a chamada Porta da Traizón, menor e, na medida do posible, disimulada, en posición oposta e afastada, para calquera eventualidade da guerra.
[editar] Informática
En informática, lugar físico ou lóxico de entrada a un sistema.