Premio Xerais
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Premio Xerais é un premio literario galego que concede Edicións Xerais desde 1984 a unha novela. A partir de 1988 o xurado do premio incluíu lectores non profesionais e a entrega do premio realízase nunha cidade diferente conxuntamente co Premio Merlín de literaura infantil e xuvenil. A partir da edición de 2006, o galardón acompañouse tamén do Caixa Galicia de literatura xuvenil, de xeito que o Merlín quedou restrinxido a infantil. Ademais, a editorial concede un premio Xerais á cooperación no labor editorial.
O premio, que é único, está dotado con 15.000 euros na actualidade; na primeira edición tiña unha contía de 500.000 pesetas (3000 euros). A data de entrega adoita ser na semana da festividade do San Xoán, no solsticio de verán.
[editar] Gañadores
- 1984. Carlos González Reigosa, Crime en Compostela
- 1985. Lois Xosé Pereira, As horas de cartón
- 1986. Xoán Bernárdez Vilar, No ano do cometa
- 1987. Xosé Ramón Pena, Para despois do adeus
- 1988. Francisco Xosé Fernández Naval, O bosque das antas
- 1989. Darío Xohán Cabana, Galván en Saor
- 1990. Alfonso Álvarez Cáccamo, As baleas de Eduardo Reinoso
- 1991. Xosé Fernández Ferreiro, Agosto do 36
- 1992. Xosé Carlos Caneiro, O infortunio da soidade
- 1993. Deserto
- 1994. Darío Xohán Cabana, O cervo na torre
- 1995. Aníbal Malvar, Unha noite con Carla
- 1996. Manuel Anxo Seixas, A velocidade do frío
- 1997. Xavier Manteiga, Manancial
- 1998. Xosé Miranda, Morning Star
- 1999. Anxo Angueira, Pensa nao (Mondariz-Balneario)
- 2000. Luís Rei Núñez, Expediente Artieda. (Santiago de Compostela)
- 2001. Marilar Aleixandre, Teoría do caos. (Ribadeo)
- 2002. Inma López Silva, Concubinas. (Allariz)
- 2003. Santiago Jaureguizar, Casa Skylab. (Betanzos)
- 2004. Manuel Veiga, O exiliado e a primavera, (Vigo). Nesta edición íase entregar o premio na Illa de San Simón, pero o afundimento do pesqueiro Bahía, con base en Cesantes, uns días antes, fixo que se movese a entrega a Vigo, en sinal de loito.
- 2005. Teresa Moure, Herba moura. (Illa de San Simón)
- 2006. Diego Ameixeiras, Tres minutos de memoria. (Illa de San Simón)