Provincia de Soria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A provincia de Soria é unha provincia española da comunidade autónoma de Castela e León. É unha provincia periférica desta comunidade, situada no centro-norte de España. A súa capital é Soria.
[editar] Límites
Limita ao norte coa Rioxa, ao noroeste ca provincia de Burgos, ao surleste coa provincia de Segovia, estas dúas de Castela e León, ao sur coa provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha e ao leste coa provincia de Zaragoza, na comunidade autónoma de Aragón.
Esta provincia está dividida en 183 municipios, que se encadran nas seguintes seis comarcas:
- Campo de Gómara
- Comarca del Moncayo (Ágreda - Ólvega)
- Comarca de Almazán
- Comarca de la Ribera del Duero (San Esteban - Burgo de Osma)
- Comarca de Pinares
- Tierras Altas
[editar] Xeografía
O maior río que pasa pola provincia de Soria é o Douro, que de feito é un dos maiores de España. Dito río nace nesta provincia, nos Picos de Urbión. O resto dos ríos desta comunidade son afluentes do Douro e do Ebro.
Distínguense nesta provincia dúas comarcas xeográficas: comarcas: Tierra de Ágreda, que linda ao leste con Aragón, zona de hortas e bosques; e la Meseta Soriana, terra cerealística e remolacheira, na vega do Douro. Tamén se distingue a zona norte, zona agreste rica en ignitas.
[editar] Demografía
Esta provincia tiña en 2002 91 487 habitantes, que reparten nunha superficie de 10 287 km², resultando unha das máis baixas densidades de poboación de Europa, e detrás mesmo da provincia de Teruel, a máis baixa de España: 9 habitantes por km².
A poboación está, ademais, repartida moi desigualmente: na capital de provincia vive o 40% da poboación, mentres que a maioría dos concellos non chega a ter 1000 veciños, e a metade ni sequera teñen 100 veciños.
Esta provincia posúe un plan de desenvolvemento propio, o PAES, plan aprobado polo consello de ministros do 6 de Maio de 2005, que intenta sacar do atraso con respeto ao Estado a esta provincia.