Qu Yuan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Qu Yuan ( 屈原) (340 a.C.- 278 a.C.) foi un poeta patriótico chinés do reino de Chu. A maoioría das súas obras atópanse na antoloxía poética coñecida como Chu Ci.
Secretario do rei Huai, mais os seus consellos non foron escoitados, e o reino de Qin fixo prisioneiro ao soberano, e Qu Yuan marchou ao exilio e rematou por se suicidar nas ribeiras do río Milo. Creador en China doa poesía persoal, e autor do primeiro poema longo (Li Sao).