Río Anllóns
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Anllóns | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
||||||
Altitude da fonte: | 400 msnm | |||||
Lonxitude: | 54.4 qm | |||||
Caudal medio: | 9.931 m³/s | |||||
País: | España | |||||
Desemboca | Océano Atlántico |
O Anllóns é un río galego que nace nos montes de Xalo, a 400 metros de altitude, e desemboca na ría de Corme e Laxe. Percorre 54.4 km dos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Cerceda, Coristanco e Ponteceso, o seu caudal medio é de 9.931 m³, declarado Lugar de Importancia Comunitaria no 2001. Recibe bo número de regatos como o Graña, Quenxe, Acheiro, Abaixo, Queo ou Bertón durante o curso alto. Tras pasar o Monte Neme recibe as augas do Gándara, Bandeira, Vao, Galvar, Portecelo ou Batán. No curso baixo tras pasar Verdes os rápidos fai que acelere a súa velocidade, nesta zona recibe as augas do Lourido, Ponteceso, Prados ou Bouzas.
[editar] Galería de imaxes
O parque do Anllóns, no centro da Vila de Carballo |
Ponte sobre o río Anllóns, no centro de Carballo |
Vista da vila de Ponteceso e o río Anllóns dende o Monte Branco |