Río Halys
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Halis ou Halys é o nome que os antigos gregos lle daban ao principal río de Asia Menor. Nado nas montañas de Armenia Menor, pobo da fronteira co Ponto, cordal coñecida como Antitauro. Despois de pasar polo Ponto e por Capadocia xiraba ao norte e nordeste, formando ao final o límite entre Paflagonia (que quedaba ao oeste) e Galacia e Ponto (ao leste) ata desembocar no mar Negro (Euxino). Segundo Estrabón o seu nome derivaba dunhas salinas, pero crese que este detalle non é correcto.
Baixo os hititas foi coñecido como Marasantiya. O -585 librouse unha batalla entre lidios e persas na súa beira (coñecida como batalla da eclipse) e desde entón foi a fronteira oriental do reino de Lidia co Imperio persa; o -547 o rei Creso cruzou o río para atacar aos persas, pero foi derrotado polo rei Ciro II o grande, que gañou a decisiva batalla coñecida como Batalla do Halis, que vai poñer fin ao reino de Lidia e levou o dominio persa ata o mar Exeo.
Baixo dominio turco desde o século XI, foi chamado Kizil Irmak (río vermello), nome conservado baixo os otománs e que aínda porta. Hoxe en día o seu caudal úsase para producir electricidade.
O seu curso é de 1150 km e os seus principais afluentes son o Delice Irmak (grego Cappadox) e o Devrez.