Río Ouro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O río Ouro pertence á vertente cantábrica. Nace na serra do Xistral, na parroquia do Pereiro (Alfoz) a uns 700 ou 800 metros de altitude e desemboca en Fazouro (Foz). Ten un percorrido de 20 quilómetros, o cal forma o límite natural entre os dous concellos que conforman o chamado Val do Ouro: O Valadouro e Alfoz. Na sua parte alta predominan os rapidos e augas claras con abundante troita comun, de pequeno tamaño. A medida que chega ao val, o rio ensanchase e as suas augas discurren mais lentas, dando lugar a meandros, largas tablas e pozas. Na sua parte baixa ( San Acisclo-Fazouro) podese pescar o reo, especie que todos os anos remonta o rio procedente da ria para desovar.