Río Valiñas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Río Valiñas nace na zona de Vista Alegre no concello da Laracha (ó suroeste da cidade da Coruña), moi preto de onde nace o Río Anllóns. Logo trancurre polo concello de Culleredo e Cambre formando linde entre os dous ata desembocar no Río Mero, na Telva e A Barcala, xa prácticamente na Ría do Burgo. Na parroquia de Veiga, no concello de Culleredo, únese coas augas de dous regatos procedentes da zona do Monte Xalo, co que forman un caudal considerable.
No seu curso baixo está moi contaminado por motivo da industria construída na súa ribeira e da poboación existente nas inmediacións. No curso medio, e máis ben no curso alto aínda ten unhas condicións non tan degradadas, pero segue recibindo contaminación procedente do mal "saneamento" dos pobos que están ó seu carón, como por exemplo en Ledoño e Sésamo. O Río Valiñas non é nin a sombra do que foi non hai moitos anos.