Raoul Wallenberg
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Raoul Gustav Wallenberg (nado o 4 de agosto de 1912, a data da súa morte dispútase) foi un diplomático sueco e membro da influente familia Wallenberg. Durante a Segunda Guerra Mundial traballou arriscando a súa propia vida para salvar ós xudeus húngaros do Holocausto. Máis tarde foi detido polas tropas soviéticas quenes sospeitaba que era un espía; as circunstancias da súa morte son aínda hoxe causa de controversia.