Raymond Kopa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Raymond Kopa | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Raymond Kopaszewski | ||
Alcume: | ' | ||
Data de nacemento: | 13 de outubro de 1931 | ||
Lugar de nacemento: | Nœux-les-Mines, Francia | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | ![]() |
||
Clube actual: | retirado | ||
Posición: | Mediocampista, Dianteiro | ||
Altura: | metros | ||
Partidos internacionais: | 45 | ||
Goles: | 18 | ||
Ano do debut: | |||
Clube do debut: | SCO Angers | ||
Ano do retiro: | |||
Clube do retiro: | Stade de Reims |
Raymond Kopa (nado o 13 de Outubro de 1931 en Nœux-les-Mines, Pas-de-Calais, Francia), foi un futbolista francés de pais polacos, e unha das figuras do fútbol europeo dos anos 50.
Este fillo de emigrantes polacos comezou a súa carreira aos 17 anos no SCO Angers, e dous anos despois foi transferido ó Stade de Reims, co que gañaría o campionato Francés en 1953 e 1955. Tamén foi finalista da primeira Liga de Campións, perdendo co Real Madrid de Alfredo Di Stéfano por 4-3. Ao ano seguinte, foise para o Madrid, ó que tamén iría Ferenc Puskás. Campión de liga en 1957 e 1958, é o primeiro xogador fracés en gaña-la Liga de Campións en 1957, título que repetiría en 1958 e 1958, este último contra o Stade de Reims no que xogaba Just Fontaine
Kopa voltou a Francia na tempada 1959-60 para remata-la súa carreira co Reims. Aquí conseguíu o campionato en 1960 e 1962.
A nivel individual, obtivo o Balón de Ouro en 1958.
Coa Francia anotou 18 goles en 45 encontros entre 1952 e 1962. Desputou o Mundial de Fútbol Suecia 1958 onde remataron terceiros tras perde-las semifinais contra o Brasil de Pelé, Garrincha e Didi entre outras figuras.
Foi nomeado por Pelé coma un dos 125 mellores xogadores que aínda está vivos en marzo de 2004.