Requila
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Requila (?-448) foi o segundo rei dos suevos. Subiu ó trono en 438 por desexo do seu pai Hermerico que estaba enfermo desde anos atrás. Adoptou unha actitude moi agresiva contra os galaicos nativos e a igrexa católica. Enfrontouse aos bispos e favoreceu ó clero priscilianista. Firmou un novo Foedus con Roma e alianzas coas tribos Bagaudas (bandoleiros do norte peninsular que traballaban como mercenarios). Dirixiu unha política expansionista con campañas por Lusitania e a Bética derrotando no 438 a Andevoto (dux romano segundo Isidoro de Sevilla ou un xefe local segundo outras fontes), e en 439 conquistou Mérida. Apoderouse de Sevilla en 441. Durante o seu curto reinado chegou a facerse dono de case toda a actual Andalucía e de parte do Levante. Tamén fixo incursións na Tarraconense e no 446 derrotou ao xeneral romano Veto e as súas tropas auxiliares visigodas. Á súa morte en 448 sucedeuno o seu fillo Requiario.
Precedido por: |
Lista de reis suevos | Sucedido por: |
Ver tamén: