Andalucía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Localización | |||
---|---|---|---|
![]() |
|||
Datos estatísticos | |||
Lemas | Dominator Hercules Fundator Andalucía por sí, para España y la Humanidad |
||
Capital | Sevilla | ||
Lingua oficial | Castelán | ||
Superficie - total - % de España |
Posto núm. 2 87.268 km² 17,2% |
||
Poboación - Total (2005) - % de España - Densidade |
Posto núm 1 7.849.799 17,80% 89,71 hab./km² |
||
Xentilicio | Andaluz, andaluza | ||
Estatuto de Autonomía | 11 de xaneiro de 1982 | ||
ISO 3166-2 | AN | ||
Himno | Himno de Andalucía | ||
Representación parlamentaria - Congreso - Senado |
61 escaños 40 escaños |
||
Presidente | Manuel Chaves (PSOE) | ||
Junta de Andalucía |
Andalucía é unha Comunidade Autónoma española situada ao sur da Península Ibérica. Limita ao sur co Mar Mediterráneo e o Océano Atlántico, ao norte con Extremadura e Castela a Mancha, ao este coa Rexión de Murcia e ao oeste con Portugal.
A organización institucional da Comunidade Autónoma se denomina Junta de Andalucía.
Índice |
[editar] Xeografía física e Perfil Terrestre
Andalucía é a segunda Comunidade Autónoma de máis extensión territorial de España por detrás de Castela e León e a primeira en canto ao número de habitantes.
Andalucía componse de tres unidades fundamentais:
- Sierra Morena, límite natural entre a meseta de Castela e Andalucía, de elevación escasa: soamente Sierra Madrona logra superar os 1300 metros no seu punto máis alto (Bañuela). Dentro deste sistema montañoso salienta o desfiladeiro de Despeñaperros, que consitúe a fronteira natural con Castela.
- As cordilleiras Béticas (Subbética e Penibética) son paralelas ao Mediterráneo e non están aliñadas, deixando entre elas o 'Surco Intrabético'. As alturas da Andalucía encóntranse en Sierra Nevada, ao suleste de Andalucía; onde se sitúan as cotas máis elevadas da Península Ibérica: o pico Mulhacén (3478 m.) e o Veleta (3392 m.).
- O val do Guadalquivir é un territorio chao case na súa totalidade, aberto ao Golfo de Cádiz no sudoeste.
[editar] Clima
Andalucía sitúase dentro do dominio climático mediterráneo, mais non toda Andalucía ten o mismo clima.
As precipitacións diminúen do oeste ao este, situándose en Andalucía o punto con máis chuvia da Península Ibérica (Sierra de Grazalema, 2.138 litros anuais) e o menos chuvioso da Europa (Cabo de Gata, 117 litros anuais). A Andalucía húmeda coincide cos puntos mais altos da Comunidade (as tres Sierras), especialmente a área da Serranía de Ronda e a Sierra de Grazalema. A Andalucía árida encóntrase representada por gran parte da provincia de Almería e o Foxo de Guadix-Baza. O val do Guadalquivir presenta pluviometría media.
Os días de chuvia por ano son case 75, descendendo de 50 nas zonas máis áridas. En cambio, en grandes partes da Andalucía supéranse os 300 días do sol ao ano.
A temperatura media anual de Andalucía é superior aos 16 ºC, e tamén con variaciones xeográficas, oscilando desde os 18,5 ºC de Málaga aos 15,1 ºC en Baeza. O mes de máis frío es xaneiro (12,5 ºC en Málaga, 6,4 ºC en Granada) e o máis caloroso agosto (28,5 ºC en Écija).
[editar] Hidroloxía
Andalucía ten unha gran diversidade hidrolóxica, debido principalmente a que os seus ríos poden ser das dous vertentes: a atlántica e a mediterránea. Na vertente atlántica encontramos as bacías do Guadiana, Odiel-Tinto, Guadalquivir e Guadalete-Barbate, mentres que a vertente mediterránea pertencen os ríos da bacía Sur.
Os ríos máis importantes da Andalucía son:
- Guadiana, desemboca en Ayamonte.
- Odiel e Tinto, desembocan na Ría de Huelva.
- Guadalquivir, o río máis largo da Andalucía (657 km), pasa por Córdoba e Sevilla. Os seus afluentes principais son:
- Genil e Guadiana Menor pola beira esquerda.
- Guadalimar, Guadiato e Bembézar pola beira dereita.
- Guadalete, que desemboca no Porto de Santa María, e Barbate.
- Da multitude dos ríos menores mediterráneos destacan o Guadiaro, Guadalhorce, Guadalfeo, Almería e Almanzora.
[editar] Poboación
Andalucía é a primeira Comunidade Autónoma española en canto á súa poboación, que en 2003 era de 7.606.848 habitantes. Esta poboación concéntrase, sobre todo, nas capitais provinciais e nas áreas costeiras, polo que o nivel de urbanización de Andalucía é bastante alto; a metade da poboación andaluza concéntrase nas 26 cidades de máis de 50.000 habitantes.
As áreas máis poboadas son:
- Área de Sevilla (1.200.000 habitantes)
- Área de Málaga (900.000 habitantes)
- Bahía de Cádiz (620.000 habitantes)
- Área de Granada (500.000 habitantes)
[editar] División administrativa
Andalucía divídese en oito provincias, segundo o Decreto de 1833 da División Provincial, feito por Javier de Burgos. Á súa vez, estas provincias divídense en 770 municipios. As oito provincias son as seguentes:
- Provincia de Almería (565.310 habitantes, 102 municipios)
- Provincia de Cádiz (1.155.724 habitantes, 44 municipios)
- Provincia de Córdoba (775.944 habitantes, 75 municipios)
- Provincia de Granada (828.107 habitantes, 168 municipios)
- Provincia de Huelva (472.446 habitantes, 79 municipios)
- Provincia de Jaén (651.565 habitantes, 97 municipios)
- Provincia de Málaga (1.374.890 habitantes, 100 municipios)
- Provincia de Sevilla (1.782.862 habitantes, 105 municipios)
[editar] Historia
- Artigo principal:Historia de Andalucía
Cara o ano 1000 adC iniciouse a fundación de colonias fenicias, cartaxinesas e gregas, que determinou a aparición do Reino de Tartessos. Os romanos dominárona durante seis séculos (do III adC ao IV) e déronlle o nome de "Bética". Durante o século VII foi o único núcleo cultural de importancia da cristiandade. Trala invasión árabe no 711 foi a rexión que recibiu maior influencia dos musulmáns, quen crearon os reinos de Granada, Córdoba, Sevilla e Xaén. A Reconquista de Granada en 1492 puxo fin á súa dominación. O importante papel de Andalucía na vida española veuse escurecido nos séculos XIX e XX. En 1981 aprobouse o estatuto de autonomía de Andalucía, e desde entón o Partido Socialista Obreiro Español ten liderado o goberno andaluz.
