Rock progresivo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O rock progresivo é un subxénero do rock que naceu a finais dos anos 60 e tivo o seu máximo explendor na década dos 70, aínda que hoxe en día continúa sendo un xénero moi popular. É comunmente asociado ao rock sinfónico e ao art rock, aínda que o termo rock progresivo actualmente abarca un espectro de música moito maior que eses dous xéneros.
O rock progresivo soe combinar elementos do jazz, da música clásica, do folk e das músicas do mundo con formatos típicos do rock, a miúdo rexeitando determinadas normas do xénero, e usando sen embargo estructuras musicais e ideas relativamente raras.