Sabana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha sabana e unha rexión de relevo plano, que ten como vexetación predominante as gramíneas, mezcladas con algunhas árbores e arbustos isolados ou en pequenos grupos. En xeral, as sabanas son zonas de transición entre áreas de vexetación máis densa (como bosques) e os pastadeiros.
Nas rexións tropicais e subtropicais, as sabanas teñen como características principais:
- pouca auga (semi-áridas)
- solo fértil
- temperatura: dúas estacións climáticas - unha máis quente e seca e outra máis chuviosa.
- plantas: predominan as gramíneas mezcladas cunhas poucas árbores.
- animais: diferentes especies de mamíferos, páxaros e insectos.
As grandes sabanas da África, o cerrado brasileiro e os llanos de Venezuela son deste tipo.