Santa María de Cenlle, Cenlle, Cenlle
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tradicional capital do Concello (o que lle dá nome) de Cenlle, na actualidade e dende tempos da Guerra Civil esta capitalidade dispútase entre Xubín (núcleo situado ó pé do Miño) e a propia Santa María de Cenlle.
A tradición oral fala da escasa antigüidade (aprox. 200 anos) deste núcleo que se conforma como o punto equidistante entre os lugares de poboación mais antigos: A Pena, Roucos e Názara, para a construción da súa igrexa parroquial, aínda que documentos históricos testemuñan a súa existencia moito antes.
A poboación carece de edificios brasonados ou señoriais de mérito.
O interese artístico da igrexa (1860) reside na escultura de Santa Lucía, do século XVI, das máis singulares obras do Mestre de Sobrado(Martín González-González Paz, 1986, 78).
.
O peto de ánimas (Fig. 1), hoxe adosado a cabeceira e antes no atrio, presenta un pequeno retablo no cal se alude ao poder do Espírito Santo en forma de pomba no alto, tendo á dereita a San Antonio e á esquerda a Virxe que mostra por debaixo un grupo de catro ánimas, estando dous dos extremos prendidos do escapulario da Virxe e do Neno. Conserva parte do seu policromado.
Trátase dun peto de tipo aberto, cun fornelo rectangular coroado por unha cruz sobre un cubo e acompañada de dous pináculos.(aparece no libro "Os petos de ánimas de Ourense", fotografía n12 A e B).
.
Na praza, fronte a igrexa parroquial, está o Cruceiro de ánimas (Fig. 2). Sobre un cubo, coa representación das ánimas sitúase unha columna cadrada con símbolos da Pasión de Cristo.
No fuste, aparece a Verónica portando o seu pano, no pano vese a faciana de Cristo.
Por riba do capitel, situase a imaxe de Cristo na cruz e un ánxo que porta o Santo Graal.
Polo reverso vese unha Virxe sobre a cabeza do ánxo co fillo morto nos brazos.
O cruceiro estivo, en tempos, totalmente policromado, polo menos a parte superior do mesmo. Tamén tuvo caixa de esmolas, pero agora aparece totalmente tupido polo cemento. Sitúase xusto baixo as tres ánimas.
Pola fronte do fuste aparece grabado: “ANO DE 1877” e pola parte traseira: “FEZ M G” (fíxome Manuel González). Existe outro cruceiro con peana de tres gradas e pousadoiro, chamado “de procesión” na Praza da Tenencia moi cerca deste.
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cenlle | |
---|---|
A Barca de Barbantes (Santo Antonio) | Cenlle (Santa María) | Esposende (Santa Mariña) | Laias (Santa Baia) | Osmo (San Miguel) | A Pena (San Lourenzo) | Razamonde (Santa María) | Sadurnín (San Xoán) | Trasariz (Santiago) | Vilar de Rei (San Miguel) |