Santiago o Maior
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santiago o Maior (morto en 44) era fillo de Zebedeo e Salomé. Discípulo de Xesús, foi un dos Doce Apóstolos ou principais seguidores de Cristo. Chámaselle o maior para distinguilo de Santiago o Menor, tamén discípulo de Xesús. Era irmán de San Xoán Evanxelista.
[editar] Vida
Santiago foi presentado a Xesús, segundo o Evanxelio de Xoán, por Xoán Bautista. Aínda que non hai un só documento cristián que o mencione, crese que, trala morte de Xesús, Santiago partiu a evanxelizar a Península Ibérica. Estivo en Galicia, Guimarães (Portugal) e Póvoa de Varzim, tamén en Portugal. Segundo a tradición, o 2 de xaneiro do ano 40, a Virxe María aparecéuselle en Caesaraugusta (actual Zaragoza), sobre un pilar (hoxe venerado na basílica de Nosa Señora do Pilar). A raíz disto, Santiago marchou de España e volveu a Palestina, onde foi decapitado por Herodes Agripa.
[editar] Os seus restos
Segundo a tradición popular, os restos de Santiago foron trasladados dende Palestina ata Galicia de forma milagrosa (uns anxos colléronos e depositáronos nunha barca que chegou soa ata Iria Flavia, na desembocadura do río Ulla). Dende alí, disque foron levados ata Santiago de Compostela e que reposan na actualidade no interior da Catedral. Isto, aínda que supuxo a aparición do Camiño de Santiago, nunca chegou a ser confirmado.
O nome de Santiago en latín era Iacobus. Deste surxirían tanto os nomes Xacobe e Xaime como Iago e Santiago, ademáis do inglés James e o francés Jacques.