Scott Shriner
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Scott Shriner (nacido o 11 de xullo de 1965 en Toledo, Ohio) é o actual baixista da banda de rock Weezer. Shriner comezou a tocar o baixo no instituto. Despois de unirse aos Marines durante dous anos despois do instituto, decidíu que quería tocar o baixo profesionalmente. Shriner mudouse a Los Angeles, California aos 25 anos e tocou en varias bandas, incluíndo Broken, Bomber, The Movers, Exciters, Loved By Millions, Black Elvis, The Great Barbecue Gods e a banda de Vanilla Ice.