SEPECAT Jaguar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
SEPECAT Jaguar | |
---|---|
![]() |
|
Jaguar Francés, sobre o Mar Adriatico. | |
Tipo | Caza ataque ó solo e interdicción |
Fabricante | SEPECAT (Bréguet/BAC) |
Primeiro vóo | 8 Setembro 1968 |
Introducido | 1973 |
Deseñado como adestrador avanzado para reemprazar ó Gnat, o Jaguar foi convertido a derradeira hora nun avión de ataque a baixa cota, equipado cunha avanzada aviónica de navegación e operativa. O primeiro avión entregouse á RAF no ano 1973, e o primeiro escadrón, o 54 formouse no Marzal do ano 1974. O Jaguar substituíu ó Phantom nas misións de interdirección, ataque e recoñecemento, e equipou un total de oito unidades. Os escadróns de Jaguar de ataque baseados na RFA convertironse a Tornado entre os anos 1983 e 1986. O Escadrón 11, unidade de recofoto da RAF Germany, equipouse có Tornado no ano 1989, pero os tres escadróns da RAF Coltishall (que forman parte da reserva estratexica da OTAN) seguiron có Jaguar ó longo dos anos 90.
[editar] Especificacións
- Tipo: Caza monopraza de interdicción SEPECAT Jaguar GR.Mk 1.
- Tripulación: Un piloto.
- Construtor: SEPECAT (Bréguet/BAC)
- Ano: 1968
- Principal usuario: Royal Air Force, Forza Aerea India e Armada do Aire Francesa.
- Envergadura: 8,68 m.
- Lonxitude: 15,51 m.
- Altura: 4,92 m.
- Área alar: 24 m2.
- Peso baleiro: 7.000 Kg.
- Peso cargado: 11.000 Kg.
- Planta motriz: 2 Rolls-Royce Turboméca RT172 Adour 102 de 5.320 libras de empuxe vectorizábel (8.040 libras con poscombustión).
- Armamento: 2 canóns Aden de 30 mm e 10.500 libras de bombas.
- Velocidade máxima: Mach 1,1 ó nivel do mar e Mach 1,6 a 30.000 pés
- Alcance operacional: 875 millas