Shiatsu
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Shiatsu (en xaponés 指圧; - acupresión) é unha técnica terapéutica de masaxe orixinada en Xapón. A terapia do Shiatsu foi desenvolta por unha soa persoa. Tódolos terapeutas de Xapón son entrenados polos seus descendentes. Ademais toda a xente ben adestrada fóra de Xapón aprendeu tamén dun dos descendentes directos do seu creador.
O Shiatsu segue principios similares aos da masaxe oriental, que se basea nos fundamentos da anatomía e fisioloxía. Polgares, palmas das mans e dedos (nin xeonllos nin cóbados son empregados na forma orixinal do Shiatsu) empréganse para aplicar presión a partes do corpo que dependen destas. O Shiatsu depende dun coñecemento profundo do funcionamento do corpo, de acordo cos principios de anatomía e fisioloxía e non cos principios de como flúe a enerxía da Medicina Tradicional Chinesa. Existen variantes do Shiatsu orixinal que si se basean na Medicina Tradicional Chinesa, pero todas elas foron desenvoltas por terapeutas de Shiatsu entrenados polo Instituto de Shiatsu de Xapón ou descendentes de Namikoshi Sensei.
A forma tradicional do Shiatsu foi iniciada en Xapón por Tokujiro Namikoshi. Tódolos terapeutas cualificados de Xapón deben seguir un programa gubernamental regulado que cubre só a forma orixinal do Shiatsu.
Namikoshi Sensei non se fundamenta na Medicina Tradicional Chinesa e basea o desenvolvemento da súa terapia na técnica de proba e erro. A esencia do Shiatsu de Namikoshi é a combinación de diagnóstico e terapia. Esta técnica gañou adeptos a finais dos anos 50.
Shiatsu | |
Este artigo é parte das pólas da serie CAM. | |
CAM Clasificacións | |
NCCAM: | Compoñente de Medicina tradicional chinesa que emprega unha forma de manipulación do corpo |
Modalidade: | Profesionalizada |
Cultura: | Leste Xaponesa |
Índice |
[editar] Historia (versión curta)
- 1912 Namikoshi Sensei comeza a empregar esta técnica coa súa nai enferma.
- 1919 Namikoshi Sensei crea o termo Shiatsu e decide empregalo para nomear a súa terapia.
- 1925 Namakoshi Sensei abre a primeira clínica de terapia Shiatsu. Nace Shizuto Masunaga Sensei.
- 1940 Namakoshi Sensei abre o primeiro instituto de Shiatsu.
- 1953 Namakoshi Sensei e os seus fillos introducen a terapia do Shiatsu nos Estados Unidos.
- 1955 A terapia do Shiatsu e recoñecida por primeira vez polo goberno xaponés, pero só xunto con amma e moxibustion.
- 1957 A terapia de Shiatsu é oficialmente recoñecida no Xapón coma unha terapia propia.
- 1958 Shizuto Masunaga gradúase no Instituto de Shiatsu de Xapón, e comeza a ensinar esta técnica tamén no Instituto.
- 1964 O Shiatsu é oficialmente recoñecido polo Ministerio de Sanidade de Xapón.
[editar] O Ki
O Ki flúe a través do corpo nunha serie de canles. Por moitas razóns diferentes o Qui pode deixar de fluír libremente e isto produce un síntoma. A técnica shiatsu inclúe estirar (stretching), apalancar (leverage) e inclinar (leaning) o teu peso en varias partes do corpo para fomentar (encourage) unha maior harmonía de circulación, flexibilidade e integridade postural. Moitas das técnicas aplícanse sobre o mesmo sistema de canles de enerxía ou meridianos que se empregan en acupuntura, a pesar de que en Shiatsu cada canle cobre unha maior área do corpo.
Os seguintes puntos constitúen os principios fundamentais da terapia do Shiatsu:
- Empregar as mans desnudas (non ferramentas, cóbados, xeonllos ou pés)
- Premer sobre a superficie do corpo (non frotar, acariciar ou empuxar)
- Perseguir o mantemento e mellora da saúde ou a recuperación dunha enfermidade.
De acordo cos seus promotores, o Shiatsu pode axudar a tratar os seguintes síntomas:
- dor de costas
- migraña
- lesións whiplash e rixidez do pescozo
- mobilidade reducida
- dor menstrual
- problemas dixestivos
- síntomas de asma
- lesións deportivas
- depresión clínica
[editar] Variedades do Shiatsu
As variedades principais do Shiatsu son o shiatsu orixinal, e o shiatsu zen (ioh-kai). Porén, hai outras. Algúns dos mestres que crearon variedades derivadas estudaron con Tokujiro Namikoshi, e outros non.
[editar] Orixinal
- Shiatsu Namikoshi (Tokujiro Namikoshi)
[editar] Variedades de mestres que estudaron con Tokujiro Namikoshi
- Shiatsu Zen/Shiatsu Ioh-kai (Shizuto Masunaga)
- Shiatsu Keiraku (Tadashi Izawa)
- Shiatsu Tao (Ryukyu Endo)
- Shiatsu AZE (Shigeru Onoda)
- Shiatsu Tsubo (Hiroshi Ishizuka)
- Zen Shiatsu (Eiji Mino)
[editar] Outras variedades
- Barefoot Shiatsu (Shizuku Yamamoto)
- Ohashiatsu® (Wataru Ohashi) http://www.ohashiatsu.org/ & http://www.ohashi.com/
- Shiatsu Macrobiótico (Michio Kushi)
- Zen Shiatsu (Eiji Mino)[1]
- Shiatsunuad (Valerie Gaillard?), que é unha combinación de shiatsu con masaxe tailandesa nuad bo-rarn.
- Estilos que se practican na auga:
- Jahara (Mario Jahara) http://www.jahara.com/
- Watsu (Harold Dull) http://www.waba.edu/
Nestas dúas modalidades máis que exercer presión sobre o que recibe o Shiatsu, sostense.
[editar] Véxase tamén
- Qi
- Qigong
- Seitai (outra terapia xaponesa)
- Medicina chinesa tradicional
- Nuad Bo-Rarn ou Masaje Tradicional Tailandés
[editar] Enlaces externos
- WABA (Worldwide Aquatic Bodywork Association) Watsu o WaterShiatsu
[editar] Alemaña
- http://www.ohashi.com
- http://www.shiatsu-gsd.de
- http://www.shiatsu-verband.at/
- http://www.shiatsu-institut.de
- http://www.shiatsu-institut.at/
- Portal con información, enlaces e libros sobre Shiatsu
- http://www.shendo-shiatsu.de
- http://www.shiatsu-info.de Información detallada sobre o Shiatsu
- http://www.shiatsu-praxis.at/
- http://www.shiatsu-ooe.at/
- http://www.shiatsu-praktiker.net/
- http://www.shiatsuraum.ch
[editar] Arxentina
- Centro Zen Shiatsu (Argentina) Director: Eiji Mino Sensei.
- Escola Superior de Zen-Shiatsu e Terapias Corporales Orientais (Arxentina) Directora: Dra. Alejandra Maratea
- Escola de Shiatsunuad, fundada por Valerie Gaillard e Guillermo Ibalo
- Escola de Zen Shiatsu e de Masaxe Tradicional Tailandesa Nuad Bo-Rarn 'Brillo del Sol'. Directora: Egle Puca
[editar] Canadá
[editar] España
- Escola Xaponesa de Shiatsu (España)
- Asociación de Profesionais de Shiatsu en España (APSE)
- Escola de Shiatsu TALAMO
[editar] Francia
- Nonindo: Shiatsu completo segundo as ensinanzas de Ryotan Tokuda Sensei
- Federación Francesa de Shiatsu Tradizional (FFST)
- Asociación Internacional de Shiatsu TradizionalMiembro de FFST
[editar] Italia
[editar] Reino Unido
- The Shiatsu College (UK) (en inglés)
- General Shiatsu Council (GSC)(UK) (en inglés)
- The Shiatsu Society (UK) (en inglés)
- The Zen Shiatsu Society (UK) (en inglés)