Simon and Garfunkel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Simon and Garfunkel é un dúo musical norteamericano formado por Paul Simon e Arthur Garfunkel. Coñecéronse mentres estudaban no instituto en 1957 e alí formaron o grupo Tom and Jerry, que tiña como canción senlleira "Hey Schoolgirl". Xa como Simon and Garfunkel o seu primeiro álbum "Wednesday Morning, 3 A.M" (1964) pasou desapercibido ata que o produtor, Tom Wilson tivo a idea de engadir guitarras eléctricas a un dos temas do álbum e relanzalo, o dúo saltou, pois, á fama en 1965 con "The Sound of Silence". A súa música foi banda sonora do filme que foi mítico para toda unha xeración, The Graduate e que lles deu fama mundial. Cun novo estilo emparentado co folk Simon and Garfunkel estiveron entre os artistas máis populares dos sesenta con cancións como "Mrs. Robinson," e "Bridge over Troubled Water". Despois da súa ruptura en 1970 eles xuntáronse en varias ocasións, a máis coñecida foi o concerto de Central Park, que axuntou a 500.000 persoas.