Skype
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Skype é un programa gratuito que utiliza a tecnoloxía VoIP, dos creadores de KaZaA. É un programa de código pechado. A marca foi rexistrada o 23 de abril de 2003, e o 29 de agosto dese mesmo ano aparece a primeira versión beta. O 18 de outubro de 2005, a empresa foi adquirida por eBay.
[editar] Características
- Permite chamadas gratuitas entre usuarios.
- Ten un servizo de pago para chamar a outros teléfonos con SkypeOut.
- Dispón de SkypeIn, para recibir chamadas de teléfonos.
- Permite conversas escritas, videoconferencias e transmisión de arquivos entre usuarios.
- Funciona en MS Windows 2000/XP, Linux, Mac OS X e Pocket PC.