Windows XP
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Desenvolvedor | Microsoft |
Familia de S.O. | Windows NT |
Modelo de desenrolo | Software non libre |
Núcleo | NT |
Tipo de núcleo | Híbrido |
Licenza | Microsoft CLUF EULA |
Última versión estable | 5.1 bulid 2600 con Service Pack 2 (SP2) / 6 de agosto de 2004 |
Estado actual | á venta |
Páxina web | www.microsoft.com/windowsxp |

Sistema operativo de Microsoft lanzado o 25 de outubro de 2001. É o primeira versión do sistema operativo Windows que une as versións domesticas (95, 98, ME) coas profesionais (NT). Por ese motivo é considerado por moitos como a maior actualización de estes sistemas dende a saída de Windows 95. A sigla «XP» ven da palabra inglesa «experience» (experiencia).
En xuño do 2004, Microsoft en colaboración coa Xunta_de_Galicia sacou unha extensión que pemite ter este sistema operativo en galego.
[editar] Versións
- Windows XP Home - Versión para uso doméstico.
- Windows XP Professional - Versión destinada a usuarios profesionais.
- Windows XP 64-Bit Edition - Para estacións de traballo basadas en Intel Itanium.
- Windows XP Media Center Edition - Versión para sistemas multimedios.
- Windows XP Tablet PC Edition - Versión para ordenadores portátiles con sistema de reconecemento de escritura (Tablet PC).
- Windows XP Embedded - Versión para integrer en sistemas electrónicos coma caxeiros, puntos de venta...
- Windows XP Professional x64 Edition - Versión baseada en Windows Server 2003 para sistemas que teñen un procesador de 64 bits compatible coa familia x86 como o Athlon 64 de AMD ou Intel Pentium 4 con EM64T.
- Windows XP Starter Edition - Versión reducida e limitada de Windows XP para venta en Asia e América do Sur.
- Windows XP Home e Professional Edition N - Versións de Windows XP sen Windows Media Player.