Sociedade Xeral de Autores e Editores
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Sociedade Xeral de Autores e Editores ou SXAE (Sociedad General de Autores y Editores ou SGAE en castelán), máis coñecida como SGAE, é unha entidade española de xestión colectiva adicada á defensa dos dereitos de autor dos seus socios, entre os que se atopan toda clase de artistas e empresarios do negocio da cultura. Segundo os seus estatutos, é unha organización sen ánimo de lucro que xestiona o cobro e a distribución dos dereitos de autor dos autores e á vez preocupase polos intereses dos editores. O actual presidente do seu consello de dirección é Teddy Bautista.
A SXAE ten máis de 100 anos de historia e as súas contas son auditadas, recíprocamente, por outras entidades de xestión de todo o mundo con quen ten suscritos convenios.
Índice |
[editar] Orixes
A finais do século XIX, en España, o negocio musical estaba formado por tres grupos: Os teatros e salas nos que se interpretaban as obras, oas autores das mesmas e os intermediarios entre ambos. Os intermediarios abusaban frecuentemente da súa posición dominante mediante contratos de exclusividade coas salas e ataban aos autores con adelantos a conta de obras futuras. Fronte a esta situación, os escritores Sinesio Delgado, Carlos Arniches, os irmáns Álvarez Quintero, o libretista Federico Romero Saráchaga e o compositor Ruperto Chapí, entre outros, crearon o 16 de xuño de 1899 a Sociedade de Autores. Anos máis tarde, en 1941, convertirase na Sociedade Xeral de Autores de España que pasa a xestionar en exclusiva todos os dereitos de autor sobre artes escénicas. En 1995 refundase a SXAE como a actual Sociedade Xeral de Autores e Editores. Deste xeito dáse acollida, dentro da sociedade, aos editores.
[editar] Funcións
- Emitir licenzas do repertorio SXAE para a súa gravación en discos, soporte videográfico ou multimedia (CD-ROM), redes dixitais tipo Internet ou telefonía móbil e a súa posterior comercialización.
- Controlar estos mercados para que a explotación do repertorio SXAE esté licenzada e abontados os dereitos de autor.
- Xestionar as solicitudes de autorización para a sincronización das obras musicais preexistentes en producións audiovisuais.
- Xestiona a denominada "remuneración equitativa" por aluger de vídeos, vixiando o cumplimento dos acordos suscritos coas distribuidoras de soportes de gravación audiovisuais.
- Informa da ilicitude da actividade de aluger de soportes discográficos, preparando a documentación correspondente para as demandas por vía xudicial.
- Antipiratería e persecución do delito: investigación das actividades consideradas ilegais relacionadas cos intereses autorais, en especial da utilización do repertorio SXAE sen autorización.
[editar] Loita antipiratería
A SXAE encabeza a loita contra a denominada piratería musical en España, especialmente contra o chamado top manta; tamén contra as redes P2P. Organiza campañas para concienciar á sociedade, e reclama unha baixada dos impostos que gravan os discos, do 16% ao 4% de IVE.
Unha parte dos consumidores considera que, con independencia de que a SXAE intente asociar o top manta co intercambio de ficheiros en internet, os posíbeis problemas que poida orixinar este último fenómeno de masas non derivan do carácter criminal do usuario medio de internet, senon da falta de adaptación das empresas e da lexislación de propiedade intelectual fronte ao novo paradigma tecnolóxico, onde o coste marxinal da distribución de información tende a cero.
[editar] Polémicas
A función máis polémica da SXAE é o cobro dun canon pola copia "para uso privado do copista" dunha obra musical ou audiovisual xa divulgada, cuxa recaudación repartese entre os asociados. Este canon foi fortemente contestado por quen pensan que atenta contra a presunción de inocencia dando lugar a distintas campañas, sobre todo en internet.
Algúns consideran que, como a SXAE xestiona todos os dereitos de autor e os reparte segundo os seus propios criterios, isto redunda en perxuizo dos autores non pertencentes á SXAE. Nalgúns casos a SXAE reclamou unha parte dos ingresos en concepto de "dereitos de autor", en casos en que os espectáculos non os vulneran e os dereitos non eran propiedade dos afiliados á SXAE.
En xuño de 2004, en colaboración con Vale Music, a SXAE puxo á venda un disco composto por 14 cancións de grupos noveis chamado No a la Piratería. Creouse unha gran polémica ao redor deste disco debido a que na súa contraportada había unha mensaxe en contra da piratería e o top manta, o cal posuía un claro carácter xenófobo. Debido a presións e denuncias de varias ONG (como SOS Racismo) e asociacións de consumidores (como FACUA, a Federación de Consumidores en Acción), a SXAE intentou retirar o disco do mercado e desvencellarse do mesmo, mentras que Vale Music recoñeceu que os contidos que aparecían na contraportada eran "pouco adecuados".
Mostra da impopularidade da SXAE é que foi obxeto de dúas Google bomb, coa palabra "Ladrones" e coa expresión "Siempre Ganamos Algunos Euros". Teddy Bautista acusou de "fascismo" a Google por este feito.
A SXAE demandou a varios sitios webs en defensa da súa honra o que provocou certas campañas internautas en contra da súa entidade. A Asociación de Internautas foi condeada a pagar unha indemnización de 36000 euros por aloxar o sitio web putasgae. O responsábel da Frikipedia foi tamén denunciado en 2006 por insultos nunha definición satírica que o sitio (a Frikipedia) tiña sobre a SXAE. Segundo Pedro Farré, un dos responsábeis da SXAE, esta iniciativa non foi un feito aislado senon que se denunciaría a toda web que albergue contido difamatorio contra a organización, fora incluido ou non polo responsábel da páxina ou portal en cuestión.
En xaneiro de 2006, a organización decidiu devolver os 518 euros que fixo pagar, tras unha denuncia, á compaía de teatro Taller Cultural de Fuentepelayo (Segovia), unha organización sen ánimo de lucro que está formada na súa maior parte por nenos discapacitados. Aínda que dende a SXAE asegurouse que o proceso foi froito dun "erro", algúns cren que a marcha atrás foi debida á campaña de denuncia que se levantou nos meses previos en diversos blogs e portais de internet. A SXAE declarou nalgunha ocasión que non está capacitada para renunciar a percibir os correspondentes dereitos de autor, por exemplo, nun concerto solidario, xa que implicaría unha deixación das súas funcións.
O 8 de febreiro do mesmo ano, a Unión Europea expedientou á SXAE por vulnerar ás leis anti-monopolio na venta de licenzas para descargar música en internet.
[editar] Véxase tamén
- Propiedade intelectual
- RIAA
- ASIMELEC
- DAMA
- VEGAP
- MPA
[editar] Enlaces externos
- SGAE.es Páxina oficial (en castelán).