Suetonio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Suetonio (Gaius Suetonius Tranquillus en latín) (75 – 160) foi un escritor romano.
Naceu no seo dunha familia da orde ecuestre, seguramente en Hipona. Marchou a Roma e se dedicou ao estudo das letras, traballando como avogado e profesor, amigo de Plinio o novo quen o recomendou ao emperador Traxano como superintendente das bibliotecas públicas e responsable dos arquivos. Con Hadriano foi o encargado da correspondencia oficial do goberno. Acusado de falta de respecto á emperatriz Sabina, perdeu o seu traballo no 122. Escribiu en latín e en grego. Entre as súas obras destacan De viris illustribus, biografías de escritores e De vita Caesarum, a biografía dos doce primeiros emperadores de Roma, consta de oito libros que se conservan na súa case totalidade, é fonte para moitos traballos sobre historia romana e está considerada unha das historias máis imparciais da antigüídade, con moito gusto polo detalle e escritos nunha linguaxe sinxela.