Sugababes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sugababes é un grupo de rapazas británicas que cantan R&B, Pop e Dance. As compoñentes son Keisha Buchanan, Heidi Range e Amelle Berrabah.
Índice |
[editar] Historia
[editar] Formación do grupo
Keisha Buchanan (30 de setembro 1984), Mutya Buena (21 de maio 1985) e Siobhan Donaghy coñecéronse nunha festa cando tiñan 13 anos. A familia de Keisha era de Xamaica, a nai de Mutya de Irlanda e o pai de Filipinas. Decidiron formar o grupo en 1998. London Records fíxolles un contrato cando tiñan 14 anos.
Siobhan abandonou o grupo cuando estaba de xira por Xapón en 2001.
No seu lugar entrou Heidi Range.
Mutya Buena abandonou o grupo en novembro de 2005 e no seu lugar entrou Amelle Berrabah, de ascendencia marroquina.
[editar] One Touch
O primeiro single, Overload, chegou á sexta posición da lista inglesa de singles e foi nominada a un premio Brit, os Grammy ingleses. Outras cancions que entraron no top 40 de Reino Unido son New Year, Run for Cover e Soul Sound. Este primeiro album vendeu 200.000 copias en todo o mundo e o single Overload 138.000.
[editar] Angels With Dirty Faces
Con Heidi Range no grupo, Sugababes edita novo traballo. O primeiro single, Freak Like Me chega ao número 1 da lista británica e ao top 10 de numerosas listas europeas, destacando o número 2 en Irlanda. O segundo single, Round Round é o seu segundo número 1 no Reino Unido e é número 2 en Irlanda, Holanda e Nova Celandia. Grazas a estes dous números 1, o álbum debuta no número 2 da lista de álbums do Reino Unido e é un gran éxito en toda Europa. A canción que dá nome ao álbum, Angels With Dirty Faces é a banda sonora da película das Supernenas.
Na gala dos premios Brit gañan o premio á Mellor Actuación Feminina e o disco vende 2 millóns de copias en todo o mundo.
[editar] Three
O terceiro álbum do grupo segue conseguindo éxitos e o seu primeiro single, Hole In The Head entra ao número 1 no Reino Unido e en Dinamarca. É número 2 en Irlanda, Holanda e Noruega. Esta canción sería a primeira das Sugababes en entrar na lista Billboard de EEUU. Entra ao 96 do Hot 200 e consegue o número 1 no Billboard Dance Chart.
O segundo single, Too Lost In You (BSO de Love Actually) entra no top 10 do Reino Unido, Alemaña, Holanda e Noruega e triunfou en Taiwán, China e Filipinas. Esta canción é unha versión de Quand J'ai Peur de Tout da francesa Patricia Kaas. In the Middle, terceiro single, entra no top 10 inglés e é top 20 en Irlanda. Caught In A Moment é unha balada que entra ao número 8 no Reino Unido.
O disco vende en total 2,5 millones de copias.
En marzo de 2005 Mutya dá a luz á súa filla Tahlia.
[editar] Taller In More Ways
O cuarto disco é o primeiro en entrar no número 1 da lista de álbums do Reino Unido. O primeiro single, Push The Button é número 1 en Reino Unido, Irlanda, Austria e Nova Zelandia. Número 2 en Alemaña, número 3 en Noruega, Australia e Suíza e top 10 en Italia, Grecia, Bulgaria, Holanda e Suecia. Vendeu preto de 3.700.000 copias en todo o mundo chegando ao 6º posto no ranking mundial de singles. Foi nominado ao Mellor Single Inglés nos premios Brit, pero o premio levouno Coldplay con Speed Of Sound.
En novembro de 2005 Mutya Buena deixa o grupo e no seu lugar entra Amelle Berrabah. Pese a iso elas afirman que seguen sendo amigas.
O segundo single, Ugly é número 3 no Reino Unido. O seguinte single, Red Dress é cantado por Amelle e é número 4 no Reino Unido. Na re-edición do disco con Amelle, hai cancións como Gotta Be You, Follow Me Home e Red Dress, que son cantadas por Amelle, Heidi e Keisha pero as restantes son cantadas por Mutya en lugar de Amelle, excepto a inédita "Now You're Gone" . A finais de 2066 reciben un Premio Guinnes dos Récords polo "Best Dance Act of the Century" ou en galego "Mellor actuación da centuria".
O novo single, Follow me Home entrou ao posto 32 en Reino Unido e ao 25 en Irlanda.
[editar] Overloaded
Overloaded: The Hit Singles: Este será o novo disco deste grupo e é un compilatorio dos seus éxitos máis destacados, aínda que non incluirá os temas 'New Year', 'Soul Sound', 'Caught in a Moment' e 'Follow me Home'. O novo single incluido neste disco é unha canción chamada 'Easy', e outro tema inédito incluido nesta compilación é 'Good To Be Gone', que sera o seguinte single.
[editar] Discografía
Data | Título | UK Chart | UK Ventas | Ventas mundiais |
---|---|---|---|---|
Outubro 2000 | One Touch | #26 | 110,000 | 0.2 millóns |
Agosto 2002 | Angels with Dirty Faces | #2 | 865,000 | 2 millóns |
Outubro 2003 | Three | #3 | 702,000 | 2.5 millóns |
Outubro 2005 | Taller In More Ways | #1 | 750,000 | 2 millóns |
Novembro 2006 | Overloaded: The singles collection | #3 | 200,000 | 300.000 |
- Overloaded segue nas listas
Data | Título | UK Chart | UK Ventas |
---|---|---|---|
De One Touch: | |||
Setembro 2000 | "Overload" | #6 | 138,000 |
Decembro 2000 | "New Year" | #12 | 75,000 |
Abril 2001 | "Run For Cover" | #13 | 58,000 |
Xullo 2001 | "Soul Sound" | #30 | 10,000 |
De Angels With Dirty Faces: | |||
Maio 2002 | "Freak Like Me" | #1 | 235,000 |
Agosto 2002 | "Round Round" | #1 | 225,000 |
Novembro 2002 | "Stronger / Angels with Dirty Faces" | #7 | 115,000 |
Marzo 2003 | "Shape" | #11 | 40,000 |
De Three: | |||
Outubro 2003 | "Hole In The Head" | #1 | 145,000 |
Decembro 2003 | "Too Lost In You" | #10 | 75,000 |
Abril 2004 | "In The Middle" | #8 | 44,000 |
Setembro 2004 | "Caught In A Moment" | #8 | 32,000 |
De Taller In More Ways: | |||
Setembro 2005 | "Push The Button" | #1 | 358,000 |
Decembro 2005 | "Ugly" | #3 | 115,000 |
Marzo 2006 | "Red Dress" | #4 | 85,000 |
Xuño 2006 | "Follow Me Home" | #32 | 15.000 |
De Overloaded: | |||
Novembro 2006 | "Easy" | #8 | 44,000 |
Febreiro 2007 | "Wal This Way" | Feb.2007 | - |