Tarxeta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta é unha páxina de homónimos. Unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. |
Con tarxeta podemos referinos a:
- Unha tarxeta intelixente é unha tarxeta que inclúe un chip no que se pode almacenar información.
- Unha tarxeta de banda magnética é un tipo de tarxeta capaz de almacenar datos modificando o magnetismo da súa banda.
- Unha tarxeta de proximidade contén unha pequena cantidade de información que pode ser lida sen necesidade de contacto físico co dispositivo lector.
- Unha tarxeta de crédito, ou a unha tarxeta de débito, tarxetas de plástico que serven para realizar compras.
- Unha tarxeta de felicitación, tarxetas de papel entregadas en ocasións especiais.
- Unha tarxeta perforada, un antigo sistema de almacenamento de datos.
- Unha tarxeta de negocios, pequena tarxeta coa información de contacto dunha persoa ou empresa.
- Unha tarxeta sanitaria, empregada para identificar ao paciente.
- Tarxetas de penalización por incumplir as regras do xogo, utilizadas en distintos deportes. Exemplo: tarxeta amarela, tarxeta vermella.
- Unha tarxeta SIM, tarxeta intelixente que identifica ao subscritor dun servizo de telefonía móvil.
Na placa base dun ordenador atopamos distintas placas con circuitos impresos:
- A tarxeta gráfica, ou tarxeta de video, encargada de xenerar a información visual presentada na pantalla do ordenador.
- A tarxeta de rede, que permite a un ordenador conectarse a unha rede informática.
- A tarxeta de son, que transforma a información que lle chega do microprocesador en son.