Tarxeta de son
Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Unha tarxeta de son ou placa de son é unha tarxeta de expansión para ordenadores que permite a entrada e saída de audio baixo o control dun programa informático.
[editar] Características xerais
Unha tarxeta de son típica incorpora un chip de son que polo xeral ten o convertidor Dixital-Analóxico, o cal cumpre coa importante función de "traducir" formas de ondas gravadas ou xeradas dixitalmente nun sinal analóxico e viceversa. Este sinal é enviado a un conector (para auriculares) onde se pode conectar calquer outro dispositivo como un amplificador, un altofalante, etc.