Tenerife
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tenerife é unha illa situada no Océano Atlántico fronte ás costas africanas, e que pertence á Comunidade Autónoma de Canarias (España). Xunto coas illas de Palma, Gomera e Hierro conforma a provincia de Santa Cruz de Tenerife
Índice |
[editar] Demografía
É a illa máis poboada do arquipélago con 838.877 habitantes. Instituto Nacional de Estatística (España), a 01-01-2005, cunha superficie de 2.034 km² de superficie.
Isto fai que a súa densidade poboacional sexa de ........ hab/km²
[editar] Situación e extensión
Tenerife é a maior das sete illas que compoñen o Arquipélago Canario, e está situada entre os paralelos 28 e 29 N e os meridianos 16 e 17 O, lixeiramente ao norte do Trópico de Cáncer, e ocupa unha posición cenral entre as illas de Gran Canaria, Gomera e "La Palma".
A illa atópase a algo máis de 300 Km do continente africano e a uns 1.000 Km da Península Ibérica.
Ten 2.034 km² de superficie e unha curiosa forma triangular, erguéndose no seu centro o xigantesco Pico do Teide, que cos seus 3.718 metros de altura é o punto máis elevado de toda España.
Para referirse aos seus habitantes emprégase o xentilicio Tinerfeño.
[editar] Paisaxe e orografía
Tenerife é unha illa de orixe volcánica. O seu nacemento pódese datar nos períodos finais do Terciario.
Hai 7 millóns de anos, emerxeron as zonas do Teno, Anaga e Adexe, que se uniron logo entre si ata constituir o Cordal Dorsal. No centro da illa, sobre a "Caldeira das Cañadas", érguese o impoñente cono do Teide (3.718 m.), punto máis alto da illa e de todo o territorio español.
A esgrevia orografía isleña e a súa variedade de climas dan como resultado un territorio de múltiples paisaxes e formas, dende o Parque Nacional do Teide ata os Cantís dos Xigantes coas súas paredes verticais, pasando por zonas semidesérticas con vexetación resistente á secura no sur, vales con cultivos tropicais e subtropicais, boscosas paraxes de laurisilva nos macizos de Anaga e Teno e extensas fragas de piñeiros por riba da susodita formación vexetal orixinaria da Era Terciaria. A grande diversidade climática e paisaxística de Tenerife correspóndese cunha grande riqueza de ecosistemas, cada un deles coa súa característica flora e fauna.
[editar] Clima
Datos climáticos | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xll | Ago | Set | Out | Nov | Dec |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ø Horas de sol/Día | 5,9 | 6,6 | 7,1 | 7,7 | 8,8 | 9,8 | 10,6 | 9,8 | 8,5 | 6,9 | 5,9 | 5,5 |
Aire [°C] | 17,9 | 17,9 | 18,6 | 19,0 | 20,4 | 22,2 | 24,3 | 25,0 | 24,3 | 22,8 | 20,6 | 18,7 |
Auga [°C] | 19 | 18 | 18 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 23 | 21 | 20 |
Ø Días de choiva | 5 | 5 | 5 | 3 | 1 | 0 | 0 | 1 | 1 | 3 | 5 | 6 |
[editar] Municipios
A illa de Tenerife está dividida en 31 municipios:
|
|
|
[editar] Organización política anterior á conquista
O nome orixinal guanche da illa era Achinet ou Chenet. Uns cen anos antes da conquista existia un mencey chamado Tinerfe o Grande, fillo do 'Mencey' Sunta. Tinerfe tiña a súa corte en Adeje ata que os seus nove fillos se rebelaron e repartironse a illa en 9 'menceyatos' e 2 'achimenceyatos' independentes (chamados capitanías polos conquistadores). Os 'menceyatos' e os seus 'menceyes' (por orde de descendencia) foron os seguintes:
- Taoro: actualmente Puerto de la Cruz, La Orotava,La Victoria de Acentejo, La Matanza de Acentejo, Los Realejos e Santa Úrsula os seus menceyes foron: Bentinerfe, Inmobach, Bencomo y Bentor.
- Güímar: hoxe El Rosario, Candelaria, Arafo e Güímar e os seus menceyes foron: Acaymo, Añaterve y Gueton.
- Abona: Fasnia, Arico, Granadilla de Abona, San Miguel de Abona, Arona e os seus menceyes foron Atguaxoña e Adxoña (ou Adjona).
- Anaga: Santa Cruz de Tenerife e San Cristóbal de La Laguna e os seus menceyes foron Beneharo e Beneharo II.
- Tegueste: Tegueste e unha zona costeira de La Laguna e os seus menceyes foron Tegueste, Tegueste II e Teguaco.
- Tacoronte: Tacoronte e El Sauzal e os seus menceyes foron Rumen e Acaymo.
- Icoden: San Juan de la Rambla, La Guancha, Garachico e Icod de los Vinos e sus menceyes foron Chincanayro y Pelicar.
- Daute: El Tanque, Los Silos, Buenavista e Santiago del Teide e os seus menceyes foron Cocanaymo y Romen.
- Adeje: Guía de Isora, Adeje e Vilaflor e os seus menceyes foron Atbitocazpe, Pelinore Ichasagua.
Tamén se atopaba o Achimeceyato de Punta Hidalgo controlado por Aguahuco e Zebenzui.