Teosofismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Teosofía: conxunto de crenzas que sosteñen que todalas relixións son oportunidades para que o home descubra a Deus, deste xeito cada relixión ten unha parte da Verdade. A Teosofía, como sistema coherente de crenzas, desenvolveuse a partir dos escritos de Helena Petrovna Blavatsky. Xunto con Henry Steel Olcott, William Quan Judge, e outros fundou a Sociedade Teosófica en 1875.
Unha definición mais formal do "Concise Oxford Dictionary" describe a teosofía como unha das varias filosofías que profesan alcanzar o coñecemento de Deus a través do éxtase espiritual, intuición directa, ou relacións individuais especiais, en particular un movemento moderno que segue as ensinanzas Hindús e Budistas e que busca a fraternidade universal.
Os seguidores da teosofía manteñen que hai un corpo de verdade que constitue a base de todalas relixións. A teosofía, afirman, representa unha visión moderna do "Sanatana Dharma", "a Eterna Verdade", como a correcta relixión do home. A Teosofía Cristiá é un térmo empregado para designar o coñecemento de Deus e de Xesús obtido a través da intuición directa da esencia Divina.
Os cinco símbolos mais destacados no selo da Sociedade Teosófica son a Estrela de David, o Anqh, a esvástica, o Ouroboros, e enriba do selo está o Aum. Arredor están escritas estas verbas: Non hai maior relixión que a verdade.