Theravada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Theravada (Pali e Sánscrito: Sthaviravada) considerase a máis antiga de entre as escolas de Budismo actualmente existentes, a escola Theravada é tamén a única que non considera canónicas as escrituras adoptadas polas escolas Mahayana e Vaxrayana.É unha das dezaoito (ou vinte) escolas Nikāya, que se formaron na India no século seguinte á morte de Buda.
Os principios da escola Theravada están codificados no Tipitaka. Os principais países onde está difundida esta escola son Sri Lanka, Tailandia, Myanmar, Laos, Camboxa e Bangladesh.
Theravada (Pali: thera "anciáns" + vada "palabra, doutrina" ), a "Doutrina dos Anciáns", é o nome da escola de Budismo que ten as súas escrituras no Canon en Pali ou Tipitaka, que os académicos en xeral aceitan como o rexistro máis antigo dos ensinos do Buda. O Theravada ten sido moitos séculos a relixión predominante no Sri Lanka, Birmania e Tailandia; actualmente o número de Budistas Theravada en todo o mundo excede os 100 millóns de persoas. En décadas recentes o Theravada comezou a fincar as súas raíces no Occidente.
Algunhas veces é indebidamente chamada Hinaiana, que etimoloxicamente é un termo pexorativo (significa algo como vehículo (vencello) inferior).