Tibulo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tibulo (Albius Tibullus en latin) foi un poeta romano elexíaco nacido cara o 54 a.C. e morto no 19 a.C.. Con Virxilio e Horacio, é un dos fundadores da poesía bucólica.
Índice |
[editar] Biografía
Son escasas as noticias da súa vida. Naceu probabelmente no Lacio, talvez en Gabii, entre o 55 a.C. e o 50 a.C. nunha familia de orde ecuestre
No 44 a.C. a súa familia puido sufrir confiscacións de terras, logo da batalla de Filipos. Formou parte do círculo de Marco Valerio Messala Corvino, a quen seguíu nun expedición militar a Aquitania, e máis tarde no 22 a.C. a Siria. Estivo retirado na illa de Corfú a causa dunha enfermidade (Elexía, I, 3). No 27 a.C. asiste en Roma ao triunfo de Messala, celebrado o 27 de setembro. Acabados viaxes e expedicións bélicas, Tibulo dividíu a súa vida entre a cidade e o campo. Manteu estreita amizade con Horacio, que lle dedicou dúas das súas composicións: unha oda (Odas I, 33) e a unha epístola (Epístolas I, 4). Tibulo faleceu pouco despois de Virxilio, no ano 19 a.C., posibelmente en Roma.
[editar] Obra
O Corpus Tibullianum chegou ata nos con catro libros de elexías, das que só os dous primeiros se consideran hoxe auténticos. O primeiro libro foi publicado no 26 ou 25 a.C., mentres o segundo semella ser póstumo. O poeta canta os amores por dúas mulleres, Delia e Némese, así como por un xoven rapaz, Marathus.
[editar] Língua e estilo
O estilo de Tibulo, tersus atque elegans (claro e elegante), come o definira Quintiliano (X, 1, 93), é un dos modelos do clasicismo latino. Tibulo opera cun léxico limitado e con un número restrinxido de temas, no que variando atinxe crear efectos sempre diversos, oscilando do doce ao melancólico, e aínda ao furioso. Non abusa, por contra, da erudición mitolóxica que caratteriza o estilo dos seus contemporáneos, como Propercio. A língua de Tibulo está libre de arcaísmos, helenismos e neoloxismos, e tamén de anomalías morfolóxicas.
[editar] Tradición e crítica textual
Pese a ser moi aprezado na Antigüidade, a obra de Tibulo tivo escasa circulación na Idade Media, e case sempre en antoloxías. Só a fins do século XIV comezou a ter unha circulación maior e na súa integridade.
[editar] Manuscritos
Non sobreviviron ata nós manuscritos antigos ou medievais. Dun arquetipo 0, perdido, derivan todos os manuscritos medievais, cerca dun centenar. Destes, os mellores, base das edicións impresas, son tres:
- Ambrosiano (A), copiado en torno a 1375, e cuxo primeiro proprietario coñecido foi o humanista Coluccio Salutati.
- Vaticanus latinus 3270 (V), de inicios do século XV.
- Genuensis Berianus D bis 11-6-51 (Ber), de inicios do século XV.
Algunhas lecturas xenuínas poden tirarse de certas escolmas de poetas latinos como o Florilegium Gallicum (composto arredor de mediados do século XIII) ou os Excerpta Frisingensia (conservados nun único manuscrito, hoxe en Munich), recollidos polo corrente na Franza en época tardomedieval, e que parecen derivar dunha tradición independente do manuscrito O.
[editar] Edicións impresas
A 'editio princeps remonta a 1472, impresa en Venecia por Vindelino de Espira. A primeira edición realizada con criterios científicos modernos é a de Lachmann de 1829.
[editar] En galego
- TIBULO, Albio, Elexías (edición bilíngüe latino-galega; trad. Xosé Antonio García Cotarelo; revis. M.C. Díaz y Díaz). Santiago de Compostela. Servicio Central de Publicacións. Consellería de Presidencia. 1989 - ISBN 84 45300 99 7