Torneo das Seis Nacións
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Torneo das Seis Nacións masculino é unha competición de rugby entre os equipos de Inglaterra, Escocia, Francia, País de Gales, Irlanda e Italia.
Índice |
[editar] As seis naciones
|
|
[editar] Historia
O Torneo das seis Nacións toma a substitución do torneo das cinco nacións, quen á súa vez era herdeiro dun torneo entre catro equipos. Dende 1996, o Torneo outorga oficialmente (ata entón era oficioso) o título de Campión de Europa de Rugby. Como manda a tradición, os antigos trofeos como a Copa Calcuta (que se disputa entre Inglaterra e Escocia) e a Tripla Coroa (que se outorga ao equipo británico que se impoña aos outros tres) séguense disputando. Moito máis recentes son o Millenium Trophy, que premia ao vencedor do partido entre Inglaterra e Irlanda e o Trofeo Eurostar para o vencedor do partido entre Francia e Inglaterra. Ademais, o gran slam é a guinda do pastel do vencedor do torneo: o obtén o equipo que gaña todos os partidos; pola contra, a culler de madeira é a triste recompensa virtual do equipo que perde todos os partidos.
O Torneo sufriu algunhas crises forzadas polo problema irlandés. Ademais da interrupción da competición en 1972 trala masacre de Londonderry, acordouse non volver interpretar o himno [[God save the Queen]] durante a presentación dos equipos ao longo dun cuarto de século. Para non irritar aos ingleses tampouco se interpretou [[A Marsellesa]] antes dos partidos que Francia disputaba en Dublín. Para compensar tampouco se interpretaba o himno irlandés nos desprazamentos do equipo do trébol. Non se volveu á normalidad ata 1997.
Malia ser vítima da súa contorna, o Torneo presenta unha cara moito máis positiva con todos os afeccionados que se desprazan aos partidos. A tradición do chamado terceiro tempo (no que os afeccionados -e os propios xogadores- celebran a vitoria ou lamentan a derrota ás veces con máis alcol do conveniente) dá unha imaxe alegre deste deporte. Algúns destes terceiros tempos do Torneo que sempre reúnen aos xogadores de ambos equipos fixeron historia. Trala profesionalización deste deporte, a mediados dos 90, os xogadores están menos dispostos a estas celebracións.
- 1883 : Primeira edición da competición integrando aos catro equipos británicos: Irlanda, Escocia, País de Gales e Inglaterra.
- 1910 : Admítese a Francia no Torneo.
- 1931 : Francia é excluída, acusada de profesionalismo.
- 1947 : Renóvase o Torneo trala Segunda Guerra Mundial con Francia.
- 1996 : O Torneo convértese (oficialmente) en Campionato de Europa de Rugby. Dende ese momento os títulos non se comparten en caso de igualdade a puntos; a clasificación prima a mellor diferenza entre puntos marcados e puntos encaixados.
- 2000 : O equipo de Italia únese ao Torneo.
- 2001 : Créase o Torneo feminino das Seis nacións coa participación de España, Francia e os catro equipos británicos.
[editar] Palmarés masculino
![](../../../upload/shared/thumb/d/dc/Flag_of_Wales.svg/30px-Flag_of_Wales.svg.png)
![](../../../upload/shared/thumb/0/03/Flag_of_Italy.svg/30px-Flag_of_Italy.svg.png)
![](../../../upload/shared/thumb/6/65/Four_Provinces_Flag.svg/30px-Four_Provinces_Flag.svg.png)
![](../../../upload/shared/thumb/b/be/Flag_of_England.svg/30px-Flag_of_England.svg.png)
![](../../../upload/shared/thumb/c/c3/Flag_of_France.svg/30px-Flag_of_France.svg.png)
![](../../../upload/shared/thumb/1/10/Flag_of_Scotland.svg/30px-Flag_of_Scotland.svg.png)
![](../../../upload/shared/thumb/1/10/Flag_of_Scotland.svg/30px-Flag_of_Scotland.svg.png)
![](../../../upload/shared/thumb/c/c3/Flag_of_France.svg/30px-Flag_of_France.svg.png)
![](../../../upload/shared/thumb/b/be/Flag_of_England.svg/30px-Flag_of_England.svg.png)
![](../../../upload/shared/thumb/6/65/Four_Provinces_Flag.svg/30px-Four_Provinces_Flag.svg.png)
![](../../../upload/shared/thumb/0/03/Flag_of_Italy.svg/30px-Flag_of_Italy.svg.png)
![](../../../upload/shared/thumb/d/dc/Flag_of_Wales.svg/30px-Flag_of_Wales.svg.png)
Clasificación Xeral:
PS: atualizado até o 20 de agosto de 2006
[editar] Home Nations (1883-1910)
[editar] Cinco Nacións (1910-1930)
[editar] Home Nations (1931-1939)
|
[editar] Cinco Nacións (1947-1999)
[editar] Seis Nacións (2000-atual)
|
¹ - Grand Slam
² - Tríplice Coroa
[editar] Palmarés femenino
O Torneo das Seis Nacións feminino é unha competición de rugby entre os equipos de Escocia, España, Francia, Inglaterra, Irlanda e País de Gales.
- 2001 : Inglaterra
- 2002 : Francia (Gran Slam)
- 2003 : Inglaterra (Gran Slam)
- 2004 : Francia (Gran Slam)
- 2005 : Francia (Gran Slam)
- 2006 : Inglaterra (Gran Slam)
[editar] Véxase tamén
- Selección nacional de rugby de Escocia
- Selección nacional de rugby de Francia
- Selección nacional de rugby de Gales
- Selección nacional de rugby de Inglaterra
- Selección nacional de rugby de Irlanda
- Selección nacional de rugby de Italia
[editar] Ligazóns externas
- Página oficial del Torneo (en inglés)