Tuba
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Instrumento de vento metal co son máis grave e potente. As máis usadas en orquestra son a tuba baixa en Fa e a tuba contrabaixa en Si bemol. O nome provén do latín que significa trompeta.
O seu tubo é de sección cónica, ten tres ou catro válvulas, boquilla de copa, tubo arrollado en vertical e pabellón dirixido cara arriba. Patentouna en 1835 o director de banda alemán Friedrich Wilhelm Wieprecht e o constructor de instrumentos Johann Gottfried Moritz.
Entre os seus antecedentes están o serpentón (instrumento de vento madeira con forma de S e furados para os dedos) e o oficleido (un fliscorno baixo con chaves). A tuba ten unha extensión de máis de tres oitavas.
A tuba baixa afínase en mi bemol ou fa (o son máis grave é o si bemol 1 ou o do 2) ou, en el caso da contrabaixo, en si bemol ou do (son máis grave: mi bemol 2 o fa 2).