Unión Social Demócrata Española
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Unión Social Demócrata Española foi un partido político español fundado en 1974 por Dionisio Ridruejo de tendencia reformista liberal que propugnaba a conversión de España nunha democracia. Formou parte da Plataforma de Convergencia Democrática e foi un dos partidos integrantes da Federación Social Demócrata pero deixou o proxecto en xaneiro de 1977. Disolveuse en novembro de 1979.