Unidade Galega (coalición)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.
A fin da coalición era a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados que puidese negociar un bo Estatuto de Autonomía de Galicia. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35%) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35%) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingo Merino.
As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.