Václav Klaus
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Václav Klaus (nado en Praga o 19 de xuño de 1941). Presidente de Chequia dende o 28 de febreiro de 2003. Anteriormente fora primeiro ministro (1992-1998). Pertence ao Partido Cívico Democrático
Graduado en económicas pola Universidade de Praga en 1963, completou os seus estudos en universidades de Italia e Estados Unidos. Traballou na Academia de Ciencias Checoslovaca e en 1970 pasou ao Banco de Checoslovaquia.