Vangardas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Historia da arte | ||||
|
||||
Arte prehistórica | ||||
Arte antiga | ||||
Arte medieval | ||||
Arte occidental | ||||
Arte contemporánea | ||||
Arte etnográfica | ||||
Arte americana | ||||
Arte africana | ||||
Arte asiática | ||||
Arte islámica |
No seu sentido literal, vangarda (que ven do francés Avant Garde, "garda avante") fai referencia ao batallón militar que precede as tropas en ataque durante unha batalla. De aí dedúcese que vangarda é aquilo que "está á fronte".
Desta dedución xorde a definición adoptada por unha serie de movementos artísticos e políticos do fin do século XIX e inicio do século XX. Os movementos europeos de vangarda eran aqueles que, segundo os seus propios autores, guiaban a cultura dos seus tempos, estando de certa forma á fronte deles. Moitos destes movementos acabaron por asumir un comportamento próximo ao dos partidos políticos: posuían militantes, lanzaban manifestos e consideraban que a verdade se atopaba con eles.
Índice |
[editar] Orixe

A expresión comezou a ser usada na década de 1860, por ocasión do Salon des Refusés (O Salón dos Recusados), onde os artistas excluídos do Salon de París estaban expondo.
Orixinalmente, e como moitos destes artistas estaban ligados ao movemento realista, a vangarda estaba identificada coa promoción do progreso social: o individuo ou grupo a ela ligado sería responsábel dun movemento de reformas sociais. Co tempo, o termo pasou a ser usado tamén para referirse a artistas máis preocupados soamente coa experimentación estética (como as vangardas do inicio do século XX, normalmente as máis asociadas á expresión). De calquera forma, sempre se mantivo a idea dun movemento artístico como un movemento político (composto por manifestos, militancia, etc).
[editar] O advento do moderno
Acostumase a situar o xerminar da arte moderna do século XX cos experimentos estéticos realizados por Paul Cézanne nas décadas de 1870 e 80. A percepción do espazo pictórico estudado por Cézanne é considerado un punto de partida para a obra de diversos artistas vindeiros e xera o inicio de liñas paralelas de evolución da arte europea.
Cada unha das vangardas que xurdirían nas décadas seguintes interpretarían de formas diferentes eses estudos e os seguiría de formas diversas.
[editar] Movementos vangardistas
Como se cita mais enriba, o termo aplícase a calquera movemento que propoña unha nova visión da arte. No entanto, acostúmase a asocialo principalmente aos movementos ocorridos no período post-Impresionismo e anterior á posmodernismo. Nese caso, acostúmase clasificalos en vangardas positivivas e vangardas negativas, aínda que moitos movementos (como os expresionismos) fuxan desta división.
[editar] Vangardismo Galego
- Neotrobadorismo
- Hilozoísmo
[editar] Vangardas positivas
- Ver artigo principal: Vangarda positiva.
- Cubismo
- Construtivismo
- Neoplasticismo
- Suprematismo
- Abstracionismo
- Concretismo
[editar] Vangardas negativas
- Ver artigo principal: Vangarda negativa.
[editar] Referencias
[editar] Artigos relacionados
- A poesía de vangarda
- Modernidade
- Modernismo
- Música de vangarda
- Arquitectura moderna
- Cinema de vangarda
[editar] Ligazóns externas
- Vangardas europeas - en portugués
- Cinema de vangarda - en portugués
- As vangardas e o Modernismo - en portugués]
- Sitio do MAC-USP - en portugués
- Vangarda rusa - en inglés
[editar] Bibliográficas
- ARGAN, Giulio Carlo; Arte moderna; Son Paulo: Editora Compañía das Letras, 1992
- HELENA, Lucía. Modernismo brasileiro e vangarda. Serie Principios. Son Paulo: Ática, 1986