Wangari Maathai
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Wangari Muta Maathai é unha activista medio-ambiental e política keniana (1 de abril de 1940, Nyeri, Kenya - ). Recibiu o Premio Nobel da paz no ano 2004 polo seu labor en defensa da natureza e a potenciación ao mesmo tempo do labor da muller, a través da plantación de máis de 12 millóns de árbores. Foi a primeira muller africana en recibilo.
[editar] Premio Nobel da Paz
"Maathai permanaceu coraxosamente contra o antigo réxime opresivo en Quenia", o Comité do Nobel Noruegués anunciou nunha declaración que ela era a vencedora do Premio Nobel da Paz de 2004. "As súas formas de acción únicas contribuíron para chamar a atención á opresión política - nacional e internacionalmente-. Ela serviu como unha inspiración para moitos na loita polos dereitos democráticos e ten encoraxado especialmente as mulleres a mellorar a súa situación."
[editar] Controversia
Maathai causou controversia entre os comentadores dos medios de comunicación, cando nunha conferencia de prensa seguinte ao anuncio do Premio Nobel, ela falou a favor da alegación de que o virus HIV era un produto creado polo ser humano a través de bio-enxeñaría, e entón lanzado na África por científicos occidentais non-identificados como unha arma de destrucción masiva para "punir os negros". A alegación foi apoiada só por unha pequena minoría, é unha das varias teorías conspiratorias da SIDA. Desde entón ela fuxiu de ter unha posición definitiva, alegando que "Eu non sei sobre a orixe... E espero que un día o saibamos, porque iso é algo que obviamente todos queremos saber, da onde ven a doenza".
[editar] Prêmios
- 1984: Right Livelihood Award (coñecido como "Premio Nobel Alternativo")
- 1991: Premio Goldman do Medio-Ambiente
- 1991: Premio África
- 1993: Medalla de Edimburgo (para "incríbel contribución á humanidade através da ciencia")
- 2004: Premio Petra Kelly
- 2004: Premio Sophie
- 2004: Premio Nobel da Paz