William Baffin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
William Baffin (1584 – 1622) foi un navegante inglés.
Foi piloto de James Hall, e á morte deste en Grenlandia pasou a servir nos baleeiros das Spitsbergen.
En 1615 acompañou ao capitán Robert Bylot na procura do Paso do Noroeste, entre o Atlántico e o Pacífico, e en 1616 chegou á baía que agora se denomina Baía de Baffin.