Intel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Intel é unha empresa multinacional fundada por Gordon E. Moore e Robert Noyce en 1968, que fabrica microprocesadores, circuitos integrados especializados tales coma circuitos integrados auxiliares para placas base de ordenador e outros dispositivos electrónicos.
Gordon Moore e Robert Noyce quixeron chamar á empresa Moore Noyce, pero soaba mal, polo que elexiron como nome as siglas de INtegrated ELectronics. Este nome estaba rexistrado por unha cadea hosteleira, polo que tiveron que mercar os dereitos para poder utilizalo.